Quedar primeiros, próximo obxectivo

20 de Abril de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/zYAE24CQCiw” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Diego Rey, Naveira e Samu serán baixa por sanción para o partido do domingo.

  • O partido da primeira volta acabou con empate a un tanto.

Santiago de Compostela, ao 20 de abril de 2018.

A SD Compostela tras a súa vitoria por 1-3 ante o Noia conseguiu o seu primeiro obxectivo da tempada, asegurar o playoff de ascenso. Por iso, a ambición do grupo non queda aquí e o seguinte paso é tentar quedar de primeiros. A tarefa non será nada sinxela e para alcanzala o equipo terá que superar a grandes rivais, o primeiro o Ourense CF, este domingo ás 12.00 horas en San Lázaro.

O conxunto ourensán, coa salvación certificada, é un dos que mellores resultados cultivou contra rivais da parte alta, como o empate no Couto contra os nosos. Así, a meta dos branquiazuis no duelo dominical será mellorar ese resultado.

Yago Iglesias, tal como explicou en roda prensa, non poderá contar con tres dos seus referentes: Diego Rey, por lesión, e Samu e Naveira, por sanción. Este último caso ven provocado por algo que considera inxusto, xa que “non somos un conxunto duro, nin moito menos, e por criticar estas decisións chegoume a expulsión hai 15 días”.

As circunstancias provocarán que o técnico teña que tirar de rotacións, sobre todo no lateral esquerdo, onde utilizará a Sergio ou a Mon. Con todo, o adestrador avisou que de aquí ao final de liga todos serán moi importantes. “Teremos catro partidos en dúas semanas e temos que xestionar iso. Alcanzamos unha segunda etapa de maio e será importantísimo que todo o mundo chegue ben de pernas e cabeza, polo que van a xogar todos, coa meta clara de quedar na posición na que estamos”, analizou o técnico ribeirense.

Para lograr ese obxectivo, o primeiro paso será superar ao Ourense, un conxunto que “ten a salvación asegurada, o que lle quita presión, virán gozar e iso sempre saca as mellores versións dos equipos, máis aínda neste campo e coa tele emitindo o partido”, comentou Yago. Deste cadro visitante o adestrador destacou que son “moi duros e contan con xogadores con moita experiencia na categoría e mesmo nalgunha máis”.

Por esta razón, o corpo técnico espera ver a mellor cara do seu Compos, “dinámico, que sae metido e que marca nos primeiros minutos, demostrando esa fame por lograr o seguinte obxectivo”, argumentou.

Con este reto en mente, os branquiazuis queren restar unha semana máis ao calendario sumando de tres. Co apoio da nosa afección e a súa mellor cara no xogo, o obxectivo estará máis preto.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.