Que ven os xogadores da SD Compostela?

As series de plataformas audiovisuais son as preferidas dos nosos xogadores.
  • Estas son as series que están a ver e tamén a súa lista de recomendacións para todos

Santiago de Compostela, a 21 de Marzo de 2020.

Estes días, co deber de quedar na casa, as plataformas de contido audiovisual botan fume e, como non podía ser doutra maneira, isto tamén sucede no seo da familia compostelanista. Preferindo as series, as películas ou ambas, todos comezaron, viron ou verán algunha das que tiñan na súa lista de pendentes.

A gran dispoñibilidade de tempo permítelles gozar dos contidos audiovisuais na pequena pantalla ou nos seus dispositivos móbiles. Hai tempo para todo, polo que as series e películas non poden faltar no día a día dos compostelanistas.

Entre as series, algunhas de recoñecido renome mundial como “Peaky Blinders”, “Vikings” ou “Juego de Tronos” aparecen nas recomendacións de moitos do plantel. Tamén contan con bastante éxito entre os xogadores branquiazuis algunhas creacións españolas como “La Casa de Papel” ou “Élite”.

Neste momento, os nosos atópanse vendo as seguintes series: Sergio Pereira está a ver “Sons of Anarchy”, que lle está encantando, e “Toy Boy”; Queiruga iniciou “Prision Break”, a cal lle está gustando moito; Soto está a revivir a súa infancia con “Dragon Ball” en galego e vendo a última tempada de “Élite”; Samu está a seguir “Como defender a un asesino” e as últimas tempadas de “Peaky Blinders” e “Vikings”; Baleato xa terminou nestes días previos con “Suits”; mesmo título que está a ver Pablo Antas, quen tamén está con “Black list” e “Vivir sin Permiso”; Josiño está con “Élite” e comezou de novo “Friends”; Brais Abelenda está a ver “Élite” e “The Walking Dead”; mentres que Primo comezou a sexta tempada de “Vikings” e volverá ver “Chernobyl”. No corpo técnico, Yago Igresias está con “La Casa de Papel”, que lle está encantando; e Álex Otero atópase con “The Wire” e “Élite”.

No que respecta ás películas, Samu está a revivir a saga de Harry Potter, mentres que estas son algunhas das últimas longametraxes que viron os compostelanistas: Pato, “Cadena Perpetua”; Soto, “Rocketman”, a cal considera moi boa; Gabri Palmás, “Campeones”; e Álex Otero, “Contratiempo”, “Después de la tormenta” e “13 Soldados”.

Tamén aparecen entre a lista de recomendacións algúns documentais: Anxo cita “La Tierra de Noche”; mentres que Soto remarca o de “Los Arruinados”, unha historia de Los Otros sobre futbolistas en banca rota, e “Enemigo Al Ghandour”.

Con todo, como o catálogo é amplo e a dispoñibilidade de tempo grande, aquí van as recomendacións dos nosos, diferenciando entre as series e as películas. Agora, tócalles a todos vostedes tomalas como referencia, ou non.

PELÍCULAS

Álvaro Casas: “Un ciudadano ejemplar”, “Origen”, “El Libro de Eli”, “Gorrión Rojo” e calquera de “Marvel”.

Bicho: “El indomable Will Hunting”, “Origen” e a saga de “El Padrino” (a miña favorita é a 2).

Miki: As 23 de “Marvel” (para toda a corentena), “Green Book” e “Wonder”.

Rodri: “Frozen” (“con dúas nenas en casa, xa mas sei de memoria”)

SERIES

Anxo: “Midhunter”, “Godless” e “Chernobyl”.

Saro: “Peaky Blinders”, “Narcos”, “Juego de Tronos” e “Stranger Things”.

Sergio Pereira: “Sons of Anarchy”.

Álvaro Casas: “Hunters”, “Juego de Tronos”, “Vikings”, “You” e “Stranger Things”.

Queiruga: “La Casa de Papel”.

Soto: “Shameless”, “Unsolved”, “Vivir sin permiso”, “Vergüenza” e “Mira lo que hiciste”.

Jimmy: “Vivir sin permiso”, “Patrón del mal”, “Vikings”, “Stranger Things”, “Breaking Bad”, “Peaky Blinders” e “La Casa de Papel”.

Baleato: “La Casa de Papel” e “Juego de Tronos”.

Pablo Antas: “Peaky Blinders”, “True Detective” e “Vikings”.

Bicho: “Peaky Blinders”, “Juego de Tronos” e “Banshee”.

Hugo Sanmartín: “Sons of Anarchy”.

Miki: “Juego de Tronos”, “Sons of Anarchy”, “Breaking Bad” e “Prision Break”.

Brais Abelenda: “House of Cards”, “Peaky Blinders” e “Breaking Bad”

Primo: “Puerta 7”.

Yago Iglesias: “La Casa de Papel”.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado