Primo: “A ver se consigo acabar ben e podo axudar ao equipo”

De esquerda a dereita: Primo con Pilar, Martín e Jesús Miramontes, de NB21, patrocinadores do dianteiro.

  • O dianteiro cántabro avisa do potencial do Numancia, pero asegura que xa é hora de que o equipo se dea unha alegría

Santiago de Compostela, a 21 de Abril de 2021.

Tras varios meses afastado dos terreos de xogo, Primo volveu gozar este domingo da sensación de pisar o verde. Non foi co resultado que desexaría por circunstancias, pero xa só se centra en acabar ben estes tres partidos que quedan e en axudar ao equipo no que poida. Por iso, a pesar do nivel do Numancia, asegura que xa é hora de que o plantel se dea unha alegría en forma de tres puntos.

Sensacións na volta. Foi unha volta agridoce, polo que pasou ao final do partido, pero a nivel individual había ganas de volver, porque era unha lesión desde o 15 de xaneiro, na que pasaron case tres meses. Era a primeira vez que estou tanto fóra, ademais nun ano atípico coma este, con poucos partidos e os descansos. Aínda que evidentemente non estou ao 100%, a ver se aos poucos consigo acabar ben e podo axudar ao equipo.

Recaída da lesión. A semana de Pasarón ía adestrar co grupo o venres, apareceu a climatoloxía e suspendeuse e o sábado case non puiden adestrar, polo que cheguei a Pasarón case sen adestrar co grupo e alí pasou o que pasou. Xa o notei na segunda xogada do partido, pero aguantei como puiden porque no banco estaban todos tocados, pero o resultado xa se viu.

O penalti. É unha situación complicada, porque en canto pita non sinala directamente o punto de penalti, senón o brazo no alto diagonal coma se fose córner, de súpeto, baixouno. Non sabían de quen era a man, atopámonos con iso despois de toda a semana traballando, de realizar un bo partido, había a posibilidade de levarnos os tres puntos, pero confúndese e bota todo o traballo a proa. E en canto ao meu fóra de xogo, pódese equivocar, pero non se pode estar mal posicionado, porque está en campo deles cando os dous centrais están no noso campo. Son erros, pódese permitir un, pero non sucesivamente varios, porque están a xogar co traballo de xogadores e corpo técnico.

O árbitro. O que me amola do tema arbitral é a actitude chulesca e prepotente, nalgúns casos, cara aos xogadores. Ao final, somos traballadores humildes e normais e os comentarios e contestacións que realizan algúns durante o partido non son do agrado. Es unha persoa, podes ter erros coma todos, pero de aí a que vaias con bos modais e que as contestacións non sexan adecuadas, e non só deste partido, non se poden permitir. Se se gravase o pinganillo todo o que contestan e como o fan, daríase conta a xente.

Darnos unha alegría. Este ano é tan atípico que cada sete días é unha final, tanto para o bo como para o malo. Este domingo tiñamos a oportunidade de estar metidos na pomada, e amola, porque por H ou por B non é así. Agora hai que acabar ben o que queda, competir, porque merecemos unha alegría pola loita e pelexa de todo o ano. Agardamos que vaiamos a Soria e a ver se por fin nos damos unha alegría a nós mesmos, traémonos os tres puntos, e a partir de aí a saber que pode pasar cos outros resultados.

O acerto. O fútbol consiste en estar acertados nas áreas. Houbo partidos nos que non estivemos acertados na área rival, incluído eu, pero tamén hai outros que sen estar tan ben nos atopamos cun empate ou unha vitoria, como o caso de Pasarón. Ao final, o fútbol ponte onde tes que estar. Por iso, hai que estar contentos, orgullosos e gozar destes adestramentos e estes tres partidos que quedan, porque temos un grupo impresionante e a verdade é que dá gusto estar con eles.

Hai que estar orgulloso. Non se pode falar de fracaso en ningún caso, porque co orzamento que había e os rivais do subgrupo, é para estar orgulloso destes xogadores e pensar en tentar acabar ben este ano e mellorar o ano que vén.

O nivel do Numancia. Igual non chegamos no mellor momento físico, vésenos en certos momentos apáticos, pero ao final os rivais tamén xogan. O Numancia, por exemplo, é un recentemente descendido e a min encantoume no primeiro partido. Pareceume un equipo que en distancias curtas eran boísimos, en canto a presionar ao rival e xogar a un-dous toques. A verdade é que foi un rival dos que máis me gustou este ano.

O plantel. Co caso do Zamora desta pasada fin de semana, que o porteiro suplente saíu de dianteiro na segunda parte e conseguiron gañar 3-2, con once baixas, demóstrase que non existe o de plantel longo ou curto, senón o compromiso e o bo traballo. Gañar a un equipazo como a Cultural, con once baixas e seguir metido na pelexa polo playoff a Segunda demostra que esa regra hai en casos que non existe.

Unha familia. Non creo nos milagres, creo no traballo. Se o fas e tes un bo vestiario, como o noso ou como seguramente teñan eles (o Zamora), sendo unha familia onde todos nos apoiamos, para min iso é fundamental no fútbol.

Acabar estes tres partidos. Só penso en acabar estes tres partidos, axudar ao equipo, pero non podo dicir nada porque foi un ano moi complicado para min, con tres meses fóra agora e outro mes na primeira volta, polo que non sei o que pode pasar.

Un amolo non poder axudar máis ao equipo. Amólame moito non poder estar, sobre todo, nos momentos malos para tentar dar todo o que puidese, pero lamentablemente non puido ser así.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado