Prezos das entradas e abonos xuvenís para a tempada

Santiago de Compostela, ao 24 de agosto de 2016.

Para a nova tempada, o prezo das entradas para os partidos que se disputarán no Estadio Municipal de San Lázaro será de 10€ para os maiores de 18 anos, de 5€ para os mozos que comprendan entre os 11 e 17 anos e por último, os nenos de ata 10 anos entrarán gratis. Todas estas entradas serán única e exclusivamente para a bancada de tribuna do Estadio.

Por outra banda, todos aqueles menores que estean entre os 10 e 17 anos poderán abonarse co prezo de 65 euros ata final de campaña. Así, estes abonos serán por 65€ e non por 80€ como estaba previsto anteriormente.

En canto ao resto de modalidades mantéñense co prezo estipulado.

Abono Simple:   120€

Abono Palco de Honra:   250€

Abono Menores de 10 anos:   10€

Abono Universitario, Parado Longa Duración e Pensionistas de máis de 60 anos:      80€

Xogadores de base SD Compostela:      0€

Para retirar o abono poden facelo nas nosas oficinas, no Estadio de San Lázaro, en horario de luns a venres de 10h a 13h e de 16 h a 21h.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado