Previa: Analizamos ó rival da 12ª xornada: Así é o C.D. Tudelano

07-11-2015 sd vs tudelano

 

Este sábado ás 17:00 a S.D. Compostela enfrontarase a un equipo que actualmente se atopa en postos de play off de ascenso.

No que levamos de tempada os de Tudela, dirixidos por Manix Mandiola, fixeron do seu campo un pesadelo para os seus rivais, gañando cinco dos seis partidos disputados no Estadio Cidade de Tudela. Con todo fóra de casa os navarros están carecendo de fortuna, pois ata o momento non saborearon a vitoria fóra de casa.

A S.D. Compostela afronta este partido coa necesidade de mudar a súa situación e dar unha satisfacción á súa afección en San Lázaro. Os de Iñaki Alonso intentarán aproveitar esta debilidade do conxunto rival para levarse o partido.

O adestrador do Compostela recupera para este encontro a Marcos Rodríguez e a Catú, que foron baixa na anterior xornada por sanción. Tamén o técnico da Esedé espera recuperar para este partido ao dianteiro Gerard Oliva, que xa puido adestrar co equipo ao longo da semana con boas sensacións logo da súa longa ausencia por lesión.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado