Presentado o I Campus Compos de Negreira no campo do Cepelo

De esquerda a dereita: José Rodríguez, secretario ADN; Víctor Pazos, coordinador da base da SD Compostela; Mar García, tenente alcalde de Negreira; Rubén Forján, coordinador deportivo da base da AD Nicrariense; e Samu Rodríguez.

  • No acto estiveron presentes pola SD Compostela, Víctor Pazos, coordinador da base, e Samu Rodríguez, xogador do primeiro equipo

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

O pasado venres tivo lugar a presentación do I Campus Compos en Negreira no Campo Municipal de Cepelo, un acto no que estiveron presentes Mar García Vidal, primeira tenente de alcalde do municipio nicrariense, Víctor Pazos, coordinador deportivo do fútbol base da SD Compostela, Samu Rodríguez, xogador e capitán do primeiro equipo, Rubén Forján, coordinador deportivo da A.D. Nicrariense, e José Rodríguez, secretario da A.D. Nicrariense.

Este campus está orientado a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos e pretende mellorar o nivel dos xogadores durante este verán, con adestradores cualificados, metodoloxía    Compos e todos os protocolos de seguridade e hixiene.

O Campus levarase a cabo no Municipal de Cepelo, do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de xullo, das 9.00 ás 14.00 horas, con servicio de madrugadores ás 8.30.

Con esta actividade fortalécese o convenio de colaboración firmado entre ambas entidades, e pretende que os nenos e nenas que participen teñan a oportunidade de desfrutar do fútbol nun ambiente lúdico e seguro.

Recordar tamén que o prazo para inscribirse ao Campus estará aberto ata o vindeiro 28 de xuño. Para calquera dúbida ou información, habilítase o correo electrónico coordinadorbase@sdcompostela.com, así como o número de teléfono 652 07 52 76.

Enlace de inscrición: https://bit.ly/FormCampusComposADN

Compartir en Redes Sociales

Relacionado