Neste camiño á Segunda División B, precisamos da túa forza, do teu apoio no Vero Boquete de San Lázaro para que poidamos conseguir ese desexo que temos todos. Por iso, para eses seguidores que nos apoian sempre, tempada tras tempada, o lema da Campaña será….“O COMPOS SOMOS NÓS”

Prezos dos Abonos

Prezo dos ABONOS

Tempada 2019/20

Xeral: 90€

Xubilados e desempregados de longa duración: 75€

Carné da USC e sub30: 60€

Menores de idade: GRATIS

Descontos e características dos abonos

* Os prezos manteranse ata o próximo 30 de novembro.

* O pago do abono pódese realizar en dous prazos, por domiciliación bancaria, e tamén se pode facer a través de internet.

* Os abonos serán para a bancada de tribuna do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro e exclusivamente para os partidos de Liga, gardando a entidade a posibilidade de realizar un ou dous días do club.

* Cada abonado pode reservar o seu asento por un prezo de 5€ para renovacións e 10€ para novas altas.

Importante

Oficinas da SD Compostela

Estadio Vero Boquete de San Lázaro

Porta 15, 1º. CP 15703 (Santiago de Compostela)
Luns a venres (10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00 horas)

Ata o 31 de agosto: Luns a venres (9.00 a 15.00 horas)

 

Máis información nas oficinas do club no estadio ou no teléfono:

981 57 70 41