Podoactiva, novo provedor técnico oficial de podoloxía e biomecánica da SD Compostela

Lois García, centro, xunto a Saro e Primo, no vestiario da SD Compostela.

  • Ambas entidades veñen de asinar un convenio de colaboración para a próxima campaña 2021/22
  • Haberá descontos para os abonados do club na unidade de referencia da compañía en Santiago, a Clínica &akt

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

A Sociedade Deportiva Compostela e Podoactiva asinaron un acordo de colaboración para a Tempada 2021/22. A través desta unión, a compañía, líder no seu sector, convértese no novo provedor técnico oficial de podoloxía e biomecánica do club, ofrecendo servizos exclusivos para os xogadores do primeiro equipo e descontos para os abonados na súa unidade de referencia en Santiago, a Clínica &akt (www.akt.es).

En cooperación cos servizos médicos do club, a empresa, especializada en estudos biomecánicos e no deseño e fabricación de tratamentos personalizados, estudará e traballará a pisada dos nosos xogadores, con plantillas adaptadas a cada un deles, para mellorar a saúde dos seus pés.

Ademais, na Clínica &akt, na rúa Fontiñas, 27 Baixo, centro de referencia de Podoactiva na capital galega, realizaranse tamén estudos biomecánicos e servizos de podoloxía clínica con desconto para os abonados e abonadas do club da Tempada 2021/22.

Deste xeito, súmase ao proxecto branquiazul a unha empresa líder como Podoactiva, con máis de 150 unidades repartidas por toda España, atendendo a máis de 50.000 pacientes ao ano.

Con motivo da firma do convenio, hoxe visitou as instalacións do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, Lois García, podólogo especialista da Clínica &akt. Na visita puido conversar cos xogadores Saro e Primo.

Lois García, podólogo da Clínica &act.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado