Pedro Quinteiro: “Queremos centrarnos no partido deste domingo”

Pedro Quinteiro 360O director deportivo da S.D. Compostela, Pedro Quinteiro, falou esta mañá para Onda Cero Radio A Coruña acerca da actual situación deportiva do club tralos cambios no posto de adestrador.

Tralo cese como adestrador de Iñaki Alonso o pasado luns, o Compostela puxo á fronte do primeiro equipo a Alberto Mariano, adestrador da base durante cinco anos e que conta co título de adestrador nacional Uefa Prol. Unha oportunidade para unha persoa da casa na que depositan “total confianza”, e esperan que “non sexa necesario botar man de ningún adestrador máis“, por iso non se descarta a posible continuidade do novo técnico. Non obstante o director deportivo manifesta que o club non deixa de estudar e valorar o mercado.

En canto ao persoal, Pedro Quinteiro asegura que “estamos convencidos de que van ser capaces de sacar isto adiante” e aclara que a prioridad agora mesmo é o partido deste fin de semana ante o Celta ‘B’: “Queremos centrarnos no partido dese domingo”.

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:

Compartir en Redes Sociales

Relacionado