Peche da tempada ao aire libre para a SD Compostela Atletismo

Santiago de Compostela, 20 de julio de 2021

A SD Compostela Atletismo puxo fin esta fin de semana aos campionatos ao aire libre da tempada cun broche de ouro, unha xornada atlética de alto nivel, por fin con público nas bancadas, nas pistas de Balaídos. Os resultados non foron os agardados, pero péchanse uns meses de grandes éxitos, porque estar presentes nun campionato absoluto xa foi toda unha honra para o club.

O reto do Camiño dos Faros pasou factura a Damián Espasandín que, aínda con todo, quedou moi preto da súa mellor marca nos 400 metros, rexistrando 55’60”.

Quen o acosou máis foi Amador Pena, que estivo moi lonxe do seu mellor rexistro, marcando na proba dos 800 metros un 2’06”.

A outra baza branquiazul, Nuno Costa, que partía entre os favoritos para a vitoria nos 5000 metros, tivo que abandonar cando faltaban 2.000 para a meta por problemas físicos.

Por outra banda, Yago Iglesias tivo unha excelente actuación no Campionato de España Sub16 en Lleida, moi preto dos seus mellores rexistros, nunha carreira que estivo marcada por continuos tropezos, golpes e mesmo caídas. Cunha marca de 2:48.09, quedou eliminado nas semifinais do sábado, na que era a súa primeira experiencia a nivel nacional.

Amador Pena na proba de 800 metros.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado