O club quere compartir o seu sentimento con todos os sectores da cidade para que poidan facerse partícipes deste soño, por ese motivo creouse a figura do Socio Protector da S.D. Compostela.
O Socio Protector sente como propio o proxecto do club e coa súa achega económica permite que a SD Compostela poida manterse na pelexa por volver todo o máis alto; á liga dos mellores. A súa achega, ademais dun compromiso de gran valor, leva importantes beneficios para gozar do equipo de fútbol de todos os santiagueses.
Socio Protector (300€):
Coa túa contribución á SD Compostela obterás os seguintes beneficios:
-Un abono en Tribuna para os partidos da S.D. Compostela como local durante a tempada.
-Agasallo dun adhesivo corporativo do club como Socio Protector.
-Posibilidade de ofrecer un desconto ou beneficio no seu establecemento para os abonados da S.D. Compostela, coa promoción que iso leva (web, redes sociais, etc.)
-Logotipo da empresa no apartado de socios protectores da web do club.
-Agasallo dunha camiseta e unha bufanda oficiais da S.D. Compostela.