Pato volve a Segunda B co Compos

3 de Agosto de 2020
Renovación Pato Guillén 1
  • O porteiro uruguaio, tras lograr o obxectivo, renovou por dúas tempadas

Santiago de Compostela, a 3 de Agosto de 2020.

Hai un ano, Patricio Guillén chegou á SD Compostela coa intención de devolver ao equipo á Segunda División B. Un ano despois, e co obxectivo logrado, o porteiro uruguaio renovou o seu compromiso coa entidade branquiazul por dúas tempadas. O club asegúrase así a continuidade dun gardameta cunha dilatada experiencia na división de bronce do fútbol nacional.

Con 129 partidos ás súas costas en Segunda B, Pato sacouse a espiña que tiña cravada co Compos, polo que non dubidou á hora de asinar a ampliación do seu contrato. Será o seu sétimo ano na terceira competición española e o seu segundo coa escuadra compostelanista nela.

Nesta segunda etapa no club, do mesmo xeito que na primeira, o arqueiro demostrou a súa gran axilidade e calidade baixo os paus, sendo peza chave para o equipo. Así, disputou os vinte e sete encontros de Liga e os dous do playoff de ascenso ao completo. Do mesmo xeito, nesta campaña, logrou un récord histórico do club, o de máis minutos sen encaixar un gol. A marca que pasou á historia da entidade quedou nos 798 minutos.

Coa súa continuidade, o Compos pecha a portería para a tempada do seu regreso á Segunda División B, debido a que Pato pelexará por un posto no once con Borja Rey, única fichaxe ata a data. Aos dous, súmanse tamén Álvaro Casas, Samu e Brais Abelenda, polo que xa son cinco os xogadores confirmados para o curso próximo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy 🗣️ Valoración do técnico tralo empate contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD no derbi disputado no Vero Boquete#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALCOMPOS 🩵🤍2️⃣-2️⃣Pontevedra Club de Fútbol SAD ⚽️ Hugo Matos | David SotoUn punto para os nosos logo dun derbi moi equilibrado. Gran encontro dos nosos no Vero Boquete#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍2️⃣-1️⃣Pontevedra Club de Fútbol SAD ⚽️ Hugo Matos | David Soto👉 Gran primeira metade dos nosos que comezou e acabou da mellor maneira! A SEGUIR!!!!#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.