Pato Guillén pecha a meta ourensanista

21 de Outubro de 2018
Celebración do primeiro gol, nun partido patrocinado por Castyromer. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do primeiro gol, nun partido patrocinado por Castyromer. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos adiantouse con Álex Ares de falta, pero na segunda non puido perforar a portería rival

Santiago de Compostela, a 21 de outubro de 2018.

A SD Compostela pechou o Tourmalet cun novo punto en San Lázaro, nun partido no que Pato Guillén evitou o regreso á senda do triunfo dos nosos. Bo xogo, gran presenza en área rival, pero a falta de acerto evitou que o Compos lograse mellor resultado na súa casa. 1-1 final co que ambos manteñen a súa posición na táboa.

O Compos púxose por diante no marcador no 16 cunha falta de Álex Ares, pero os visitantes igualaron o 40 con outro maxistral lanzamento de Alfredo desde a frontal da área. Na segunda, os nosos tentárono pero apareceu o ex gardameta branquiazul.

Coa mellor entrada do curso, o derbi da Vía da Prata comezou como se presaxiaba, con dous conxuntos moi intensos que querían levar a batuta do encontro coa posesión. Tras varios achegamentos con pouco perigo, o primeiro en mandala á rede foi o cadro local.

Álex Ares, cunha falta desde 30 metros, probou un potente disparo que atravesou a barreira e enganou por completo a Pato Guillén. O meta foise cara a un lado e o esférico entrou con virulencia polo outro.

Co reforzo do tanto, os nosos puideron pór terra polo medio dous minutos máis tarde. Miki quedo no man a man e cedeulla para Brais Abelenda, pero o dianteiro, con todo a favor, mandou o toque por encima do traveseiro.

O control do encontro era branquiazul e os minutos avanzaban sen perigo nas áreas ata que o 40, nunha falta provocada por Rubén Arce na frontal, Alfredo sacou a relucir a calidade que atesoura na súa zurda. O lateral ourensanista colocou, cun sutil disparo, o balón na escadra, sen que Lorenzo puidese facer nada.

Parecía que o partido se marcharía con empate ao descanso e así foi, malia que na última xogada, Santi puido desequilibrar a balanza. Tras un córner, Álex Ares disparou potente, despexou un defensa, pero a pelota quedou para Santi, quen no man a man non puido evitar a saída de Pato.

Na continuación, ambos equipos non se quixeron expor en demasía, evitando o perigo en área propia, o que propiciou un duelo no centro do campo que non se abriu ata a chegada dos cambios.

Nesta batalla de técnicos, Yago parecía levar a voz cantante, xa que o equipo mellorou coa entrada de xogadores de refresco. Así, primeiro, Saro chegou a liña de fondo no 64, pero no seu pase da morte para Santi, Pato interpuxo o pé. E no 78, Josiño recibiu na frontal, púxoa na área e Aythami, entrando desde atrás, rematou de cabeza rozando o pau da portería.

O punta canario tamén a tería, dez minutos máis tarde. Naveira chegou a liña de fondo, púxoa atrás e Aythami cruzouna de cabeza, pero Pato voou para evitar o tanto. No desconto, Lorenzo apareceu para atallar o disparo de Adrián Vaz, pero a parada do partido fíxose agardar ao último minuto.

Roubou o Compos no medio campo, conseguiu chegar a liña de fondo con Josiño, quen centrou raso atrás, e Álex Ares, tras senllos caneos para acomodarse, soltou un disparo coa dereita que só non entrou polos reflexos felinos de Pato Guillén.

O partido acabou en área rival, pero o Compos non foi capaz de levar os tres puntos. Un ex como Pato evitou que os nosos saboreasen de novo o mel do triunfo. O mes do Tourmalet acabou sen vitorias, pero unhas grandes sensacións. A próxima semana toca levantarse contra o Porriño Industrial.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Naveira; Samu (Mon, m.78), Marcos Remeseiro; Miki (Aythami, m.62), Álex Ares, Brais Abelenda; e Santi.

1- UD Ourense: Pato; Josu, Pablo Corzo, Vieytes, Alfredo; Presas (Luís González, m.62), Fondevila, Germán, Rubén Durán (David González, m.70), Rubén Arce; e Hugo García (Adrián Vaz, m.58).

Goles: 1-0: Álex Ares, min.16; 1-1: Alfredo, min.40.

Árbitro: Álvarez Calderón, colegió vigués. Amoestou a Samu, Álex Ares, Piscu e Aythami, polos locais; e a Pablo Corzo, polos visitantes.

Incidencias: Partido da novena xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 1600 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.