Pato Guillén: “Estou encantado de estar aquí de volta”

22 de Xullo de 2019

Presentación Pato 1

  • Mostrouse ilusionado co seu regreso e coa firmeza de pelexar polo ascenso

  • O acto tivo lugar no Centro de Negocios Witland, que se suma ao proxecto

Santiago de Compostela, a 22 de Xullo de 2019.

O regreso de Patricio Damián Guillén Gandin ‘Pato’ viviu a súa posta de longo esta tarde coa súa presentación oficial, como novo xogador da SD Compostela, na sede do Centro de Negocios Witland. Acompañado polo presidente Antonio Quinteiro, o porteiro uruguaio explicou as circunstancias que o levaron a asinar de novo co cadro branquiazul.

“Unha vez saín da UD Ourense, o club púxose en contacto comigo e non o dubidei. Sabía que facían un esforzo para que viñese e eu tamén tiña que facelo. Por iso, estou encantado de estar aquí”, explicou o meta ante os medios de comunicación.

Neste aspecto, Antonio Quinteiro agradeceulle a súa aposta polo Compos, tanto en nome da directiva como da afección. “Quero darche as grazas e desexarche unha boa tempada, que che respecten as lesións, que repitas os partidos que fixeches contra nós, que teñas unha gran tempada e que o teu traballo sume para volver á Segunda B”, analizou o presidente.

Ademais, estendeu esas boas palabras a Witland, empresa que se suma ao proxecto branquiazul, do mesmo xeito que moitas outras. Xuntos, e da man do novo plantel, ao que chega Pato, agardan celebrar ao final do ano o ascenso. “Tanto o Compostela como Pato teñen unha esquina cravada. Merecen e queren estar de volta na Segunda B e para iso a achega de Pato será vital, co seu traballo, compromiso, experiencia e coa xestión do grupo”, remarcou.

Tomando a palabra do dirixente, o arqueiro destacou o seu compromiso polo ben de todos. “Tentarei achegar a miña experiencia no fútbol, sempre buscando axudar aos máis novos e a calquera compañeiro que o necesite, igual que poida necesitar eu”, comentou.

Con esa mentalidade, Pato aposta polo obxectivo do ascenso. “Creo que todos somos ambiciosos e queremos o máximo. Quedar primeiro é mellor, pero non che asegura o ascenso, pero si que che pon as cousas máis de fronte”, sinalou.

A pesar diso, para chegar ata aí, primeiro deben entrar no playoff e traballar duro día a día. “Hai un gran corpo técnico e os que chegan saben onde están e estamos a traballar todos para que dentro dun ano podamos falar dun club de superior categoría”, resumiu.

Coas incorporacións, Pato considera que se debe preservar a idea de xogo. “O ano pasado, o Compos era o que mellor xogaba, con moita diferenza, e sobre ese modelo debe ser o camiño a seguir. Imaxino que se irán sumando cousas, pero esa é a liña”, puntualizou.

Por último, aclarando que tódolos equipos parten da mesma liña e que sempre pode haber sorpresas, espera lograr cousas importantes nun gran momento físico para el. “Síntome en débeda e agardo que este ano se poida saldar co ascenso”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.