Parapar seguirá un ano máis vestido de branquiazul

  • O extremo coruñés, que chegou ao club o verán pasado, renova o seu compromiso coa SD Compostela

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Juan Manuel Parapar seguirá unha tempada máis na SD Compostela. O extremo coruñés, que chegou ao club o verán pasado procedente de Suíza, seguirá defendendo os intereses branquiazuis na Segunda RFEF.

No seu debut en España, Parapar foi un dos xogadores con máis minutos do plantel branquiazul no último curso. O atacante foi peza fundamental nos esquemas de Rodri Veiga, actuando en 29 encontros, 22 deles como titular. En total, sumou 1,753 minutos xogados, nos que anotou dous goles, na xornada 13 contra o Real Avilés e na 17 ante o Salamanca.

Na capital galega, Parapar destacou polo seu gran desequilibrio, con capacidade para percutir e desbordar ás defensas rivais, así como un extraordinario golpeo de balón desde longa distancia.

Con anterioridade, o futbolista de 31 anos contaba cunha ampla experiencia no fútbol suízo, unha traxectoria de oito tempadas nas que escalou dende a cuarta ata a segunda división.

Coa súa firma, son dez os xogadores que teñen contrato para a próxima tempada: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan, Parapar e Pablo Durán.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado