Pablo Durán, traspasado ao RC Celta

  • Ambos os clubs pecharon o acordo polo atacante tomiñés nas últimas horas

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Pablo Durán foi traspasado ao Real Club Celta de Vigo, despois de que a entidade viguesa chegase a un acordo coa SD Compostela nas últimas horas. Froito do acordo, traspásanse os dereitos federativos do novo atacante tomiñés, que se despide do Compos tras unha sensacional campaña.

En base ao contrato acordado por ambas as partes, entre outras cláusulas, o Compos ingresará unha cantidade económica pola venda e recibirá a cesión dun xogador do Celta para esta campaña 2022/23. Ademais, o cadro olívico comprométese a xogar un partido amigable, co primeiro equipo, contra a SD Compostela.

Chegado o verán pasado desde o Porriño Industrial, o xoven dianteiro pechou a súa etapa no Compos con 31 partidos xogados (17 como titular), para un total de 1,787 minutos, nos que ademais marcou oito goles, todos eles decisivos, así como un par de asistencias.

O seu gran rendemento no campo, fixéronlle merecedor do premio ao Xogador Cinco Estrellas da Tempada, un galardón que elixe a afección cos seus votos. Ademais, a pesar da súa mocidade, Pablo tamén demostrou unha gran madurez tanto no verde como no vestiario, sendo un máis na familia compostelanista.

Por todo iso, a SD Compostela quere agradecerlle todo o seu traballo, dedicación e esforzo durante o seu ano vestindo a camiseta branquiazul, desexándolles o maior dos éxitos para a súa carreira deportiva.

Moitas grazas e moita sorte, Pablo!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado