Pablo Castro seguirá como adestrador de porteiros

  • Será a súa undécima tempada no cargo

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

Pablo Castro Fuentes seguirá formando parte do corpo técnico da SD Compostela na Tempada 2021/22 como adestrador de porteiros. O ex-cancerbeiro de Porto do Son manterá o seu labor fundamental para preparar aos nosos gatos, Pato Guillén e Borja Rey.

Deste xeito, Pablo cumprirá a súa undécima tempada no cargo, un posto ao que chegou en 2011 tras colgar as botas. Anteriormente, na súa ampla e importante etapa polo fútbol galego, defendeu tamén durante dúas campañas a camiseta branquiazul.

Por tanto, Rodri Veiga manterá no seu equipo técnico a un adestrador que coñece moi ben a casa e co que compartiu experiencias durante as últimas cinco campañas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado