Pablo Baltar: “Temos que destacar a enorme calidade humana dos xogadores, corpo técnico e directivos”

  • Ata o 10 de xuño, Clínica Baltar realizará primeiras consultas de implantoloxía, con estudo 3D incluído, de forma gratuíta para os abonados e/ou familiares da SD Compostela

Santiago de Compostela, a 4 de Maio de 2021.

Clínica Baltar, empresa moi ligada ao mundo do deporte, estreouse esta tempada como patrocinadores da SD Compostela. Non só comparten valores co equipo, senón que amosan tamén unha gran preocupación pola saúde bucodental e a súa relación coa práctica deportiva: “a saúde empeza pola boca”.

Cal é a súa actividade?

Clínica Baltar ten unha longa tradición médica en Santiago de Compostela, onde foi fundado o primeiro sanatorio cirúrxico de Galicia no ano 1908, da man do doutor Ángel Baltar Cortés e o profesor Varela Radío. Tras varias xeracións de médicos e cirurxiáns, fundamos a clínica dental no 2016.

Crecemos con gran rapidez, o que nos levou en decembro de 2018 a inaugurar as actuais instalacións da rúa Alfredo Brañas 19, un centro dental moderno cos últimos adiantos tecnolóxicos e cun magnífico equipo de profesionais dos que nos sentimos especialmente orgullosos.

Que lles levou a patrocinar ao equipo?

A SD Compostela é máis que un equipo de fútbol, forma parte da cultura da cidade. Penso que todos estamos moi orgullosos da historia do equipo e, por suposto, da tempada actual. A nivel empresarial compartimos valores fundamentais e penso que, na medida do que podamos, debemos colaborar en “facer cidade”.

Que lle aporta á súa empresa patrocinar a un equipo de fútbol como o Compostela?

Como comentei antes, penso que compartimos valores fundamentais. A día de hoxe, as empresas debemos ser máis que un servizo ou un produto, temos que transmitir valores emocionais aos nosos clientes e penso que patrocinar á SD Compostela e ser a súa clínica dental de referencia fai que cheguemos mellor aos nosos clientes potenciais. Ademais, é marabilloso poder recibir nas nosas instalacións aos xogadores, axudalos na súa saúde bucodental e coñecelos nun plano máis persoal. Temos que destacar a enorme calidade humana dos xogadores, corpo técnico e directivos ós que tivemos a fortuna de tratar na nosa clínica.

Cal é a súa relación co deporte en xeral e a SD Compostela en particular?

Somos unha clínica moi unida ao deporte. Ademais da SD Compostela, patrocinamos ao Monbus Obradoiro e ao equipo preinfantil “Clínica Baltar-Obradoiro”. Somos seguidores da SD Compostela dende fai moitos anos e amantes do deporte en xeral. A relación entre a saúde oral e o rendemento deportivo está amplamente demostrado en numerosas publicacións científicas. Debemos concienciar á poboación e, en especial, aos deportistas de alto nivel, de que a saúde comeza pola boca.

Un desexo para esta tempada.

Para esta tempada creo que o mellor dos desexos é ver á SD Compostela facendo o mellor fútbol da categoría, sempre afrontando os partidos con moita personalidade. Todo o demais chegará, pouco a pouco.

PROMOCIÓN PARA ABONADOS. “Estamos felices de anunciarlles que durante todo o mes de maio e ata o 10 de xuño, Clínica Baltar realizará primeiras consultas de implantoloxía con estudo 3D incluído, de forma gratuíta para todos os abonados e/ou familiares da SD Compostela que así o desexen”, destaca Pablo Baltar.

Para iso, poden poñerse en contacto con Clínica Baltar nos teléfonos 981 06 82 35-679 94 54 13, e estarán encantados de recibilos nas súas instalacións.

Ademais, os abonados do club tamén dispoñen de descontos especiais na realización de calquera tratamento nas instalacións da Clínica, na rúa Alfredo Brañas de Santiago.

Pablo Baltar (esq.), con Matías Vesprini nas instalacións da Clínica.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado