A campaña de abonados con prezos especiais amplíase ata o 5 de agosto

cartel A3 abonos_16

Santiago de Compostela, a 29 de Xullo de 2016.

Os prezos especiais da campaña de abonados da SD Compostela, que remataban o día 31, ampliaranse unha semana máis. Todos aqueles que o desexen poderán retirar o seu carné de socio con descontos do 20% respecto do prezo orixinal ata o venres 5 de agosto.

Así, todos aqueles que saquen o seu abono ata o 5 de agosto contarán cos seguintes prezos:

Abono Simple:   95 €

Abono Palco de Honra:   200 €

Abono Menores de 10 anos:   8 €                          

Abono Menores de 18 anos:      65 €

Abono Universitario, Parado Longa Duración e Pensionistas de Máis de 60 anos:      65 €

Xogadores da base SD Compostela:      0 €

Mentres que aqueles que o fagan a partir do 5 de agosto contarán coas seguintes cotas:

Abono Simple:   120 €

Abono Palco de Honra:   250 €

Abono Menores de 10 anos:   10 €                          

Abono Menores de 18 anos:      80 €

Abono Universitario, Parado Longa Duración e Pensionistas de Máis de 60 anos:      80 €

Xogadores da base SD Compostela:      0 €

Para retirar o abono pode facelo nas nosas oficinas, no Estadio de San Lázaro, en horario de luns a venres de 10h a 13h e de 16 h a 21h.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado