Os infantís da SD conquistan a Copa Concello de Santiago

IMG-20160620-WA0000

Os infantís da S.D. Compostela conquistaron esta fin de semana a Copa Infantil Concello de Santiago, logo de gañar na final ao Santiago de Compostela por 0-2.

O encontro, que se disputou o sábado no campo de As Cancelas, estivo marcado polo domino dos canteiráns da SD, que se adiantaron no marcador no primeiro minuto de xogo, grazas ao gol de Pablo Barreiro Rodríguez.

Esta vantaxe foi aumentada na segunda metade, minuto 61, co tanto de Jorge Joaquín Salgado, que reivindicaba con esta diana a súa condición de máximo goleador do campionato, con sete tantos en catro encontros.

Logo do gol de Jorge Joaquín, o Compos controlou o encontro, selando o 0-2 final e o triunfo na Copa. Un título que rubrica as boas condicións da nosa canteira.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado