Os equipos cadetes comandan as súas ligas

18 de Setembro de 2018

Resultados-17-09

  • O Xuvenil A sumou o seu primeiro triunfo no debut en casa

Santiago de Compostela, a 18 de Setembro de 2018.

Os dous equipos cadetes da SD Compostela comezaron as súas ligas ao grande. Ambos equipos golearon esta xornada e colócanse segundo e primeiro, respectivamente. Ademais, a fin de semana tamén nos deixou o primeiro triunfo do Xuvenil A ou a derrota in extremis do filial contra un dos principais aspirantes ao ascenso.

Precisamente, en primeiro lugar, o Zona Vella caeu na súa visita ao San Mamed, principal equipo ao ascenso despois de que o curso pasado quedase a un gol de conseguilo, por 1-0. Un tanto de Jordan Vila no desconto, propiciou a segunda derrota do campionato para un filial que segue mostrando grandes facultades, pese á mocidade do plantel.

Máis sorte tivo, para sumar o seu primeiros tres puntos, o Xuvenil A. Os branquiazuis, no seu debut na casa, venceron por 3-2 á SD O Val nun partido no que estiveron por diante a maioría dos minutos. Sergio González adiantou aos nosos desde o punto de penalti no 12, vantaxe neutralizada tamén desde os once metros polos visitantes. Na segunda parte, os goles de David Calvo e Iván Calvo deixaban sentenciado o choque, aínda que Adrián recortou distancias antes do desconto. Con estes tres puntos, o xuvenil colle aire para afrontar a liga, quitándose xa o peso de lograr a primeira vitoria.

Por contra, o Xuvenil B caeu por 3-1 na súa visita á SD Bandeira, sendo Raúl García o autor do tanto santiagués, mentres que o C perdeu por 9-2 ante a SD Villestro no último amigable da pretempada. Álex Marquez marcou as dúas dianas visitantes.

Entre as mellores noticias do que vai de campaña na base están as sensacións mostradas polos equipos cadetes. O A suma xa nove puntos, en tres xornadas, despois de vencer ao CD Rois por 10-0. Hugo Pérez marcou un hat trick; Uxío Figueroa, Iker Carril e Manu Crespo, senllos dobretes, e Gerardo Lago, o tanto definitivo da mañá. Pola súa banda, o B debutou na liga tamén cun triunfo claro contra o Amio SD por 7-0, que o coloca como o primeiro líder. Iago Fernández e Sergio Vilariño anotaron dous goles cada un, aos que se sumaron os de Zubo Yang, Adrián Álvarez e Alejandro Parga.

Por último, os infantís sufriron senllas derrotas. O A caeu por 0-4 contra a potente SD Villestro, mentres que o B perdeu por 5-1 no seu amigable contra a UD Bastavales, no que marcou Tomás.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.