O Xuvenil A recupera o sorriso

7 de Febreiro de 2017
Imaxe do partido Xuvenil A. Foto: Ourense CF
Imaxe do partido Xuvenil A. Foto: Ourense CF

Santiago de Compostela, a 6 de Febreiro de 2017.

Nunha fin de semana marcada polo temporal que azotou Galicia e que obrigou a suspender algúns dos partidos programados, dentro das categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela celébranse as vitorias do Xuvenil A, que retoma a senda do triunfo, e do Infantil A, que segue enganchado na pelexa por ascender. O Infantil B foi o terceiro que conseguiu a vitoria.

Os xuvenís de Liga Nacional están de celebración. Despois de moito tentalo, lograron romper co mal fario que lles acompañaba e gañaron ao Ourense CF, collendo aire e achegándose á salvación.

Os mozos dirixidos por Vecho gañaron por un tanto a cero, este obra do medio Diego Martínez no minuto 46. Con este resultado adiantan ao seu rival e sitúanse a tan só un do Conxo, ao que tentarán superar con outra vitoria, esta vez ante o Arousa no Manuel Jiménez de Vilagarcía, o sábado ás 16:00.

Pola súa banda o Xuvenil B aprazou o seu encontro ante o Vitoria FC, para este mércores ás 20:00, o cal se xogará nas Cancelas. Será o primeiro dos dous encontros que xogarán esta semana, xa que o domingo ás 11:15 nas Cancelas xogarán contra o Lalín.

Peor lle foi ao Cadete, que perdeu por 0-4 ante o Arzúa, un resultado que non lle afecta na táboa, porque seguen décimos. Tentarán asentar a súa praza gañando o domingo ás 12:15 no Anexo Fieiteira ante o Sálvora, segundo clasificado.

O que prosegue a súa boa liña é o Infantil A, o cal volveu gañar e segue cuarto enganchado aos primeiros postos. Este fin de semana goleou ao Lalín por 9-0, con dianas de Alejandro Parga (tres), Iago Fernández (dous), Martín Rodríguez, Samuel Gutiérrez, Xaime Paz e Brais Dosuna.

Do mesmo xeito que os cadetes, o Infantil A tamén xogará fóra ante o Sálvora, aínda que na quenda anterior, ás 10:00.

Ao igual que o A, o Infantil B gañou o seu encontro ante o Milladoiro con tantos de Xaime Paz e Brais Dosuna.Tres puntos que o manteñen sétimos dunha táboa que lidera o Bertamiráns, precisamente o rival deste sábado, ás 11h no Municipal de Bertamiráns.

Entre os alevíns, o A non disputou o seu partido de playoff debido a danos no campo do seu rival, o Noia. Mentres, o B caeu por 0-2 ante un dos galos da liga, o Vitoria. O sábado ás 15:30 nas Cancelas xogarán a súa próxima xornada ante o San Lorenzo.

Por último, o Benxamín xogará ante o San Lorenzo o xoves nas Cancelas e o fin de semana, en principio, ante o CD Conxo, o sábado ás 15:30 nas Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.