O Sigüeiro volve como o deixou

  • Triunfo do filial en Paiosaco para afianzarse na segunda praza

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Sigüeiro FC

O filial da SD Compostela regresou das vacacións, despois de que se aprazase o encontro da fin de semana pasada, como o deixou, acadando os tres puntos. Os nosos superaron por 0-1, nun encontro moi sólido, ao Paiosaco, afianzándose deste modo na segunda praza do subgrupo, a cinco puntos do líder. Yago, na primeira metade, anotou o tanto que serviu para acadar o triunfo.

Cadete A

No outro partido da xornada, o Cadete A non puido sumar os tres puntos como local, empatando 2-2 contra o Santa Mariña. Os nosos puxéronse por diante en dúas ocasións, pero os vigueses conseguiron igualar en ambas. Lucas Novo e Dani Noya, ambos na primeira metade, asinaron os tantos branquiazuis.

Xuvenil A e Zona Vella

Non xogaron nesta ocasión nin o Xuvenil A, na fin de semana de descanso previa á segunda volta, nin o Zona Vella, quen viu como se lle aprazaba o encontro por positivos en covid-19 do equipo rival. En todo caso, a SD Compostela B segue como líder, aínda que cun partido menos.

O resto da xornada en Fútbol 11 deixounos os seguintes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións:

Compartir en Redes Sociales

Relacionado