O Prebenxamín B pasa á final de Copa

13 de Maio de 2019

Resultados-13-Maio

  • O Xuvenil B tamén superou rolda na Copa do Sar

Santiago de Compostela, a 13 de Maio de 2019.

Unha vez rematadas a maioría das ligas, os conxuntos da base da SD Compostela introducíronse na disputa das súas respectivas copas, con sorte dispar. O máis afortunado ata o momento foi o Prebenxamín B, que pasou á final esta fin de semana, mentres que o Xuvenil B foi o outro conxunto que superou rolda.

En primeiro lugar, o Xuvenil A, na penúltima cita da liga, empatou 1-1 ante o Atlético Coruña Montañeros, o seu predecesor na táboa. Yago Recarey puxo aos branquiazuis por diante no 76, pero os coruñeses empataron seis máis tarde. Pola súa banda, o Xuvenil B superou o venres ás Escolas Deportivas de Vedra por 0-4 nos dezaseisavos da Copa do Sar, Os nosos coáronse nas oitavos grazas ao dobrete de Marcos Andrade e os goles de Juan Amigo e José Carlos Claro.

Peor sorte tivo o Cadete B, que a pesar de igualar 2-2 co La Salle, caeu nos penaltis pola mínima, quedando eliminado da Copa de Santiago. Iago Fernández e Gorka Madariaga puxeron o encontro moi de cara para os nosos, pero os visitantes conseguiron igualar na segunda metade. Desde o punto fatídico, a eliminatoria decidiuse co único erro dos branquiazuis.

Igualmente, o Infantil A non puido superar a primeira rolda da Copa do Sar, na que caeu por 4-1 ante o todopoderoso ED Xuventude Oroso. Antonio Otero adiantou aos santiagueses aos vinte minutos, pero a sorpresa durou pouco no luminoso. O Alevín de fútbol 11 tampouco puido sumar nada positivo esta xornada tras caer por 2-4 ante o Manuel Peleteiro.

A mellor noticia da fin de semana chegou entón coa clasificación para a final da Copa de Santiago do Prebenxamín B, capaz de superar ao CD Conxo na volta das semifinais. Tralo empate da ida, os branquiazuis venceron en Santa Isabel, agardando ao rival que sairá do duelo entre o Amio e o ED Santiago.

Por último, o Biberón de fútbol 8 caeu ante o Victoria FC, líder do seu grupo, na sétima xornada do seu campionato.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.