O I Campus SD Compostela arrinca coa visita de Manu Barreiro

DSC_0038 (1)

Santiago de Compostela, a 28 de Xuño de 2016

O I Campus de Verán da SD Compostela arrincou onte no Campo de As Cancelas, cun día solleiro no que os pequenos contaron coa visita do dianteiro de Santiago de Compostela Manu Barreiro, que recentemente ascendeu á primeira división co Deportivo Alavés.

O xogador galego compartiu a mañá cos participantes as súas experiencias nos clubs de elite nos que militou ao longo da súa traxectoria deportiva, iniciando así a rolda de visitas de xogadores referentes que se pasarán polo Campus ao longo desta semana.

Tras finalizar a sesión matutina de adestramento tivo lugar entre os participantes un sorteo de material deportivo cedido por 442 Botas, tenda especialista en botas de fútbol e situada en Área Central. A continuación, os integrantes do campus colleron forzas xantando en cervecería Lois, situada en CC As Cancelas.

Na xornada de hoxe, visita o Campus Juan Rey xogador que debutou a pasada tempada en 2ªB coa SD Compostela e procedente da canteira onde foi o máximo goleador da categoría xuvenil nacional. Ademais, sortearase a camiseta de Alberto Domínguez, porteiro da Ponferradina, que militou esta tempada na 2ª División A e que amablemente quixo colaborar co club.

Un Campus cuxo patrocinador principal Kia, ao que acompañan tamén como patrocinadores Grupo Alumisán e Gadis. Dende o club queremos agradecer a súa axuda e tamén a dos nosos colaboradores: Segundo Rey, Otero Rodríguez Hnos, Armesa, Lambonadas, Pazo de Altamira, O Curro da Parra, Lau Creaciones, Gráficas Garabal, Concello de Santiago, Cervecería Lois, Teknoservice, Área Informática, 4 4 2 Botase  Queixería Barral.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado