O encontro contra o Coruxo será a porta pechada

Santiago de Compostela, a 25 de Xaneiro de 2021.

Coas novas restricións que imperarán en Galicia durante as próximas tres semanas, o partido deste domingo, ás 17.00 horas, no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro contra o Coruxo FC será a porta pechada.

O derbi galego será emitido pola Televisión de Galicia e tamén se poderá seguir en directo dende a #EsedéRadio. Polo tanto, agardamos o voso apoio dende os vosos fogares. Saúde e Forza Compos!!!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado