O Compostela quédase co mel nos beizos en Cáceres e suma un punto

1 de Novembro de 2015

C.P. CACEREÑO (0): Vargas, Palero, Toni, Mansilla, Mejías-(Ale), Leo Ramírez, Aarón, Cuerva, Valverde-(Gonzalo), Amaro, Ocaña-(Allan Machado).

 S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Josu, Jimmy, Sergio Sánchez, Javi González, Javi Moreno, Goti-(Dani Hernández), Mon-(Fondevila), Orbegozo, Joaquín, Rubén Sánchez.

 

DSC_0139

Non se intuía un partido doado para a S.D. Compostela no Estadio Príncipe Felipe ante o Cacereño. En fronte, un equipo da zona media da táboa afeito a gañar como local nun terreo de xogo en condicións máis que mellorables. Con estas circunstancias, os homes de Iñaki Alonso competiron a un bo nivel, buscando un triunfo como visitante que segue resistíndose.

As ausencias de Marcos Rodríguez e Catú obrigaron ao técnico do Compostela a reordenar o seu once titular dando a oportunidade de debutar en liga a Javi González, que disputou todo o encontro.

A primeira metade foi moi igualada; dominio alterno con escasas ocasións por ambos bandos. No minuto 19, o colexiado anulou un gol de Orbegozo por fora de xogo. De novo foi un querer constante e un non poder. O Compostela volveu facer un partido serio pero segue sen marcar.

No minuto 32 o Cacereño tivo a mellor ocasión cun remate de cabeza de Aarón que Pato conseguiu despexar cunha gran estirada, enviando o balón a córner.

A segunda metade arrincou cunha boa ocasión de Goti para adiantarse no marcador pero o seu disparo marchouse desviado. A alternativa por parte do Cacereño chegou nunha xogada individual de Valverde; logrando desfacerse de varios rivais ata chegar á portería do Compostela onde se topou coas luvas de Pato.

O partido atascouse por momentos no segundo tempo, ambos equipos decaeron en intensidade aínda que o Compostela soubo aproveitar esta nova situación de partido. No minuto 73, de novo Goti tivo o gol nas súas botas. Recibiu un centro raso pero o seu remate no área non atopou a portería. Eran os mellores momentos do Compostela por que no minuto 78, Fondevila quedouse man a man co porteiro do Cacereño pero Vargas evitou o tanto da Esedé.

Nos últimos minutos o Cacereño quedouse con dez homes pola expulsión de Palero, tras facer unha dura entrada sobre Orbegozo. O Compostela intentou aproveitar a superioridade numérica pero non concretou ese dominio na recta final do choque.

Ao final o partido acabou sen goles e con reparto de puntos. O vindeiro sábado, a partir das 17:00h, o Compostela recibirá ao Tudelano no Multiusos de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.