O Compos segue de doce

29 de Setembro de 2019
Rodri Alonso celebra con Saro o seu primeiro gol da liga. Foto: Amadeo Rey.
Rodri Alonso celebra con Saro o seu primeiro gol da liga. Foto: Amadeo Rey.
  • Logrou os tres puntos na súa visita ao Rápido de Bouzas cun claro 0-3

Santiago de Compostela, a 29 de setembro de 2019.

A SD Compostela segue de doce neste mes de setembro. Os branquiazuis superaron un novo duro reto, na súa visita ao Rápido de Bouzas , cunha gran vitoria por 0-3. Partidazo do equipo dirixido por Yago Iglesias, nun campo moi complicado, para manterse na parte alta da clasificación.

Nunha acción ensaiada, pasada a media hora de xogo, Baleato adiantou aos branquiazuis cun bo remate de cabeza, vantaxe que ampliou Rodri Alonso, no 65, cun remate de primeiras ao centro de Miki. Brais Abelenda, no 84, pechou o marcador.

O novo céspede artificial do Baltasar Pujales deixou claro desde o principio que, a pesar das súas dimensións, permitía xogar o balón raso. Con todo, serían os locais os primeiros en avisar cun remate cruzado de Edu, tras un roubo en campo contrario.

Como dixo Yago na previa, debían evitar as perdas para que o rival non correse, e tras esta ocasión os seus xogadores tomárono ao pé da letra. O Compos pasou a dominar o xogo por completo, moi seguro nos pases e cada vez chegando con máis perigo á área de Lorenzo.

Ao cuarto de hora probouno Brais Abelenda e á media Josiño, pero ambos disparos marcháronse fóra por pouco. Así, foi a través dunha xogada a balón parado como os nosos moveron o marcador. Josiño sacou en curto para Samu e este puxo un centro medido ao primeiro pau á entrada de Baleato, quen superou a todos co salto e conectou un cabezazo imparable para o porteiro.

E ao gol sumouse, xusto antes do descanso, a expulsión de Pablo por propinar unha dura patada ao propio Josiño. A pesar de que a falta posterior, lanzada por Jimmy marchouse por moi pouco, a segunda parte sería de gloria para os santiagueses.

Unha vez volveron dos vestiarios, os branquiazuis imprimiron unha marcha máis ao xogo, embotellando ao Rápido e sumando ocasións, unha tras outra. En seis minutos, Miki e Josiño, por dúas veces ambos, estiveron preto de marcar,  pero unhas polas intervencións de Lorenzo, nas do extremo de Nigrán, e outras por falta de sorte, como no centro chute do mediapunta ou no seu posterior disparo de punteira, evitaron que non se ampliase a conta ata o 65.

Nesta ocasión, no enésimo roubo en campo contrario, Brais Abelenda, desde o centro, abriu para Miki, este levantou a cabeza e puxo un centro medido para o desmarque de Rodri Alonso, quen abriu a súa conta goleadora na liga cun remate lanzándose, o cal supuña tamén un golpe de tranquilidade ao equipo.

Cunha vantaxe máis grande, os nosos relaxaron o encontro, dominando sen problemas, pero sen tanta presión sobre a área contraria, malia que rozaron o terceiro nun disparo de Jimmy ao pau. Aínda así, caería o terceiro nunha nova acción a balón parado. Mon sacou o córner raso para Samu, este conectou un disparo que salvou na liña o porteiro, pero o seu rexeite foille aos pés dun Brais Abelenda que volveu mollar a portaría baleira.

Ata o final xa non pasou nada, polo que o Compos pechaba unha gran vitoria, sumando tres novos puntos moi importantes para manterse na parte alta da táboa. Ademais, os nosos seguen mostrando unhas grandes sensacións en liga, antes dunha semana de “Champions”, na que terá un dobre enfrontamento no Vero Boquete, ante o Arandina e o Polvorín.

FICHA TÉCNICA:

0-  Rápido de Bouzas : Lorenzo; Juan Barbeito, Pablo, Areal, Jesús Barbeito; Mou, Yavhé (Nando, m.69); Fondevila, Carlitos (Iñaki, m.62), Álex Rei (Mape, m.46); e Edu. 

3- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu (Alberto Freire, m.84), Baleato; Miki, Josiño (Mon, m.75), Brais Abelenda; e Rodri Alonso (Gabri Palmás, m.66).

Goles: 0-1: Baleato, min.35; 0-2: Rodri Alonso, min.65; 0-3: Brais Abelenda, min.84.

Árbitro: Espasandín Cores, comité coruñés. Expulsou a Pablo (m.45) con vermella directa. Ademais, amoestou a Mou, polos locais; e a Jimmy, polo Compos.

Incidencias: Campo Baltasar Pujales (Vigo). Partido da sexta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 350 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.