O Compos segue de doce no Vero Boquete

2 de Decembro de 2018
Aythami celebra o seu gol, nun partido patrocinado por Segundo Rey, entidade que viste a súa camiseta número 7. Foto: Amadeo Rey.
Aythami celebra o seu gol, nun partido patrocinado por Segundo Rey, entidade que viste a súa camiseta número 7. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis foron moi superiores ao Laracha e sumaron un novo triunfo

Santiago de Compostela, a 2 de Decembro de 2018.

A SD Compostela segue de doce no Vero Boquete de San Lázaro. Os de Yago Iglesias foron moi superiores ao Laracha durante os 90 minutos e colleitaron o terceiro triunfo seguido no seu fortín. Ademais, os tres puntos sérvenlles para achegarse ao líder e aumentar a oito as semanas sen coñecer a derrota.

Grazas a un gran xogo coral, os branquiazuis adiantáronse no minuto 9 cun tanto en propia porta de Parga, aumentaron diferenzas no 26 coa diana de Aythami e sentenciaron no 51 co gol do pichichi Brais Abelenda. Con todo, Manu Mosquera, no 78, recortaría diferenzas á saída dun córner.

Cando a SD Compostela pisa o verde do Vero Boquete de San Lázaro atópase cun campo idóneo para desenvolver o seu xogo combinativo. Se a iso lle suman unha choiva fina, que acelera a velocidade do xogo, o equipo aínda se sente máis cómodo. E, para terminar, se a estas circunstacias, os xogadores lle engaden a premisa de acerto que lles marca Yago Iglesias, as tardes no fortín branquiazul son idílicas.

Por segunda xornada consecutiva, a nova denominación do estadio serviu de aliciente para un Compos que encarrilou o partido na primeira media hora. Enfrontouse a un Laracha atrevido, que non se amedrentou en ningún momento, pero que claudicou ante a superioridade do conxunto local.

Aos nove minutos, na primeira acción de ataque, os de Yago asinaron a primeira diana nunha xogada coral que acabou introducindo Parga na súa propia portería. Álex Ares abriu para Brais Abelenda, este á súa vez para un Naveira que centrou á área pequena. Santi non foi capaz de chegar ao balón, pero o central visitante, no seu intento de despexe, coouna na meta defendida por Santi Canedo.

O primeiro tanto animou aínda máis aos branquiazuis, que rozaron o segundo nun córner. Marcos Remeseiro sacou moi pechado ao segundo pau, rematou de primeiras Aythami e un defensa evitou o tanto na mesma liña de gol.

Con todo, sete minutos máis tarde, no 26, o dianteiro canario redimiuse cun golpeo que coou na escadra. Esta vez foi Brais Abelenda o que chegou a liña de fondo, servindo un centro atrás que sacou un central, pero o rexeite foi cazado por un atento Aythami, quen aumentou a vantaxe cun tiro que quitou as telarañas da meta visitante.

Antes do descanso aínda puido caer o terceiro, pero o remate de Brais Abelenda no primeiro pau, tras un balón colgado por Marcos Remeseiro, saíu rozando o traveseiro.

Con todo, se non foi antes do intermedio, si sería á volta. No 51, nunha acción de contraataque, Brais Abelenda metería o seu goliño para seguir de pichichi do equipo. A diana chegou tras recibir Santi con espazos, avanzar mercé ao desmarque de Aythami, e asistir á perfección para a entrada dun Brais que rematou de primeiras ao segudo pau.

Co terceiro da tarde, o equipo baixou unha marcha e o Laracha puido achegarse por primeira vez pola área de Anxo Pérez. A máis clara, unha chegada desde atrás de Víctor, que rematou cruzado, saíndo o balón rozando o pau.

Estes minutos tamén serviron para vivir un momento moi agardado, o regreso aos terreos de xogo de Rubén, trala súa longa lesión nos ligamentos. Con todo, o Laracha seguiu persistindo e acabaría logrando o tanto no minuto 78, grazas a un remate de cabeza de Manu Mosquera á saída dun córner.

Malia a todo, a vitoria non perigou en ningún instante e os tres puntos quedaron, un día máis, no Vero Boquete de San Lázaro. O equipo acumula xa oito semanas sen coñecer a derrota para seguir na segunda posición da táboa, a catro do liderado. O 3-1 final serve tamén para regresar á senda do triunfo e encarar con mellor ánimo o complicado duelo do xoves contra o Vilalbés.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas (David Uña, m.53), Piscu, Naveira; Samu, Marcos Remeseiro; Álex Ares, Santi (Ube, m.76), Brais Abelenda; e Aythami (Rubén, m.67).

1- Laracha CF: Santi Canedo; Víctor, Parga, Antonio López, Ramses; Kanouté, David; Iago Novo (Concheiro, m.76), Ortuño (Nacho, m.60), Sanda; e Boedo (Manu Mosquera, m.60).

Goles: 1-0: Parga p.p, min.9; 2-0: Aythami, min.26; 3-0: Brais Abelenda, min.51; 3-1: Manu Mosquera, min.78.

Árbitro: López Parga, colexio lucense. Amoestou a Naveira e Marcos Remeseiro, polos locais; e a Iago Novo e Sanda, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo quinta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Vero Fenda de San Lázaro ante 750 espectadores. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio en memoria de Feliciano Vives, avó de Mon.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍🆚 CD Guijuelo 🗓️ 31.03.24⏰ 16.30🏟️ Estadio Vero Boquete🦶 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Clínica &AKT🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/65fbfc0a7af46553833537#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.