O Compos saborea un novo triunfo

28 de Outubro de 2018
Álvaro Casas celebrando o seu gol, o segundo da tempada. Foto: Amadeo Rey.
Álvaro Casas celebrando o seu gol, o segundo da tempada. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis foron moi superiores e venceron con goles de Álvaro Casas e Aythami

Santiago de Compostela, a 28 de outubro de 2018

A SD Compostela, tras un mes, volveu saborear un novo triunfo que lle permite escalar á terceira posición da táboa. Os nosos mostráronse moi superiores ao Porriño Industrial na súa visita ao Campo do Lourambal e acabáronse levando os tres puntos mercé a dous tantos no segundo acto.

Tras innumerables ocasións, a maioría desbaratadas por Fernando, o mellor dos locais, Álvaro Casas anotou o primeiro á saída dun córner e, quince máis tarde, Aythami pechou o resultado cunha preciosa chilena.

Con ganas de reverter a situación, a SD Compostela saltou ao Campo do Lourambal coa mentalidade clara de evitar calquera sorpresa. Quixeron impor o seu xogo desde o asubío inicial e así o fixeron. Colleron a posesión do balón e non a soltaron.

Desta forma, as ocasións comezaron a chegar, malia que sen demasiada claridade debido á gran presenza de defensas locais na área. A máis resaltable, na primeira media hora, un remate de cabeza de Brais Abelenda no primeiro pau que se foi ao lateral da rede.

Este dominio fíxose aínda máis patente a partir do minuto 27, cando o Porriño quedou con dez xogadores pola vermella directa a Benja, despois de que o dianteiro se excedese cunha entrada por detrás a Josiño.

A pesar diso, ata o intermedio o marcador non se moveu debido á gran colocación da defensa local e a un excelente Fernando. O meta sacou o pé para evitar un gol en propia, tras centro atrás de Saro, e voou para sacar da escadra un golpeo de Brais Abelenda nunha xogada combinada. Ademais, tamén tivo a sorte da súa parte cando Marcos Remeseiro, despois dun exquisito control, se marchou del pero mandou o balón arriba.

Á saída dos vestiarios, froito do continuo dominio, o Compos comezou a chegar máis á área e aos dez minutos acabaría por perforar a meta local. Primeiro, Fernando aínda evitou, cunha gran man, o tiro de Josiño desde a frontal e un intento de control de Brais Abelenda na área pequena. Con todo, á saída do enésimo córner, o balón quedou morto na área e Álvaro Casas, virándose, golpeou raso e potente ao fondo da rede. O central anotou o seu segundo tanto do curso cun precioso disparo que entrou pegado á cepa do poste.

O tanto animou máis a un Compos que seguiu merodeando a área local. Tivo o segundo nun remate de Aythami sen porteiro, que sacou un defensa baixo paus, ou nun tiro de Álex Ares desde a frontal e posterior de Aythami no rexeite, nos que se luciu, de novo, Fernando, ata que acabou ampliando diferenzas o propio dianteiro canario.

No 66, Josiño chegou a liña de fondo colgouna ao punto de penalti, controlouna co pé Aythami e, co balón botando, o dianteiro sacouse un recurso da chisteira, unha preciosa chilena coa que superou a Fernando e colocou o segundo no marcador.

Tralo novo tanto chegou a tranquilidade para un equipo branquiazul que, a pesar de todo, puido seguir ampliando a vantaxe. Fernando, o mellor do encontro para os locais, despexou a córner unha volea de Saro que se ía ao fondo da rede ou, cos pés, un intento de cesión de Brais Abelenda no man a man.

Aínda así, o Porriño tivo unha na súa única aproximación de todo o partido. Portas chegou a liña de fondo, púxoa rasa e potente, tocouna Lorenzo e, no rebote, Areal rematou de cabeza arriba. Tamén puido marcar de novo Aythami, a continuación, pero o seu remate cruzado marchouse rozando o pau.

Os últimos minutos consumíronse cunha marcha menos, malia que Samu puido marcar o terceiro nunha vaselina que se marchou por moi pouco. A pesar diso, o marcador xa non se moveu e o Compos, un mes despois, volveu saborear o mel do triunfo.

Esta vez, o bo xogo desenvolvido, si se viu reflectido cun marcador favorable que permite aos nosos escalar ata o terceiro posto na táboa. A mañá fría de domingo en Porriño sentoulle ben a un Compos ao que lle agarda unha semana cunha dobre cita en San Lázaro, o mércores, o Memorial Antonio Bermúdez ante o Pontevedra e o domingo, outro duelo complicado contra o CD Barco.

FICHA TÉCNICA:

0- Porriño Industrial: Fernando; Isma, Alberto, Cristian, Portas; Areal (Caramés, m.85), Edu; Aarón Martínez (Claudio Giráldez, m.71), Carlos Campo (Pedro, m.60), Richi; e Benja.

2- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Sergio Pereira; Mon (Samu, m.57), Marcos Remeseiro; Álex Ares (Santi, m.79), Josiño, Brais Abelenda (Miki, m.74); e Aythami.


Goles: 0-1: Álvaro Casas, min.51; 0-2: Aythami, min.66.

Árbitro: Fariña Biasi, colexio pontevedrés. Expulsou a Benja con vermella directa (m.27) por unha falta antideportiva. Ademais, amoestou a Edu, Richi e Alberto, polos locais; e a Mon, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décima xornada de liga do Grupo 1 da Terceira División disputado no Campo do Lourambal ante 650 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.