O Compos medirase este sábado ao Fabril no Vero Boquete para pechar a pretempada

  • O amigable disputarase ás 19.00 horas con entrada gratuíta para os abonados do club
  • O prezo das entradas será de 10 euros para adultos e 5 para menores de idade

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021

A SD Compostela disputará este sábado 28 de agosto o último amigable da pretempada contra o  RC Deportivo da Coruña Fabril. Ambos conxuntos, que se medirán mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, veranse as caras de novo o sábado no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, nun encontro que se disputará ás 19.00 horas.

O partido entre compostelanistas e herculinos servirá para pechar unha intensa pretempada, converténdose no sétimo amigable que xogarán os branquiazuis. Para o encontro, o acceso será gratuíto para os abonados do club, do mesmo xeito que o sábado anterior, mentres que a entrada será de 10€ para o público xeral e de 5€ para os menores de idade, estando á venda nos despachos de billetes do Estadio dende unha hora antes do comezo do duelo.

Para o encontro abrirase só a bancada de Tribuna, ata completar aforo, con apertura de portas ás 17.45 horas. No caso dos abonados, servirá con presentar o DNI e o abono no acceso, mentres que para aqueles que merquen a entrada terán que traer asinada e cuberta a declaración responsable.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado