O Compos mantén inexpugnable o seu fortín

22 de Setembro de 2019
Brais Abelenda celebra o seu gol, nun partido patrocinado por Laucreaciones. Foto: Amadeo Rey.
Brais Abelenda celebra o seu gol, nun partido patrocinado por Laucreaciones. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis levaron o duelo con dous goles na recta final do choque

Santiago de Compostela, a 22 de setembro de 2019.

A SD Compostela segue firme no seu fortín e levou, unha vez máis, os tres puntos. Os branquiazuis xogaron un auténtico partidazo ante o Fabril, un dos cocos da categoría, e conseguiron a vitoria mercé a dous tantos na recta final do choque. Co apoio da bancada, o Compos mantense con firmeza na parte alta da clasificación.

Despois de varias oportunidades para ambos bandos, o gol acabou chegando no minuto 68, nun golpeo a porta baleira de Brais Abelenda, tralo pase da morte de Miki. No desconto, Josiño asinaría a sentenza, redondeando a súa tarde, cun gran disparo axustado coa súa perna dereita.

Fiel ao seu estilo, e sen pensar no rival que estaba enfronte, o Compos saltou ao Vero Boquete de San Lázaro coas mesmas gañas de sempre. Desde o primeiro minuto quixo o balón como mellor medicamento para chegar á área rival e para defenderse do Fabril. Con todo, a esa posesión engadiulle a verticalidade, con entradas fulgurantes dos extremos para facer dano na armazón coruñesa.

Así, pola banda de Miki, chegaron as primeiras ocasións. Ao cuarto de hora, gañou a liña de fondo e cedeu atrás para o golpeo de Josiño, pero este marchouse arriba. Sete máis tarde, cambiou a decisión e buscou o disparo, pero con Álex Cobo superado, o esférico estrelouse no pau e marchouse fóra. Tamén o probaría Brais Abelenda, desde a frontal, malia que o seu golpeo marchouse por encima do traveseiro.

Polo outro bando, o filial deportivista tentouno nos últimos compases do primeiro acto cun golpeo de Villares desde 40 metros, que se atopou co pau; mentres que, no 37, aparecería Pato por dúas veces, para despexar o disparo de Aarón desde fóra e para tapar o rexeite, que lle foi aos pés de Mario Losada.

Por iso, o marcador non se moveu e todo quedou por decidir para a segunda metade. Nela, e cun cambio de sistema, o Fabril saíu máis forte e froito diso tivo os primeiros achegamentos. O meta uruguaio do Compos volveu intervir nunha dobre ocasión, na que detivo o intento de Pedro e o posterior de Losada. E cando non chegou el, foi Álvaro Casas o que a sacou. O punta coruñés superou ao porteiro cun toque sutil, pero a pelota non alcanzou a rede pola acción do central.

Estas accións espolearon aos nosos e, por conseguinte, tamén á bancada. Así, reaccionaron rápido cunha cabalgada de Gabri Palmás por banda, pero no momento de encarar a Álex Cobo, este fíxose grande e sacou co pé o intento de punteira do atacante.

Con esta inercia, precisamente, o substituto do moañés, un Hugo Sanmartín que debutaba na tempada iniciaría, minutos máis tarde, a acción do primeiro gol. O mediapunta recibiu en tres cuartos de campo e serviu o esférico entre o central e o lateral para a carreira de Miki, quen coa súa velocidade gañou a liña de fondo e puxo o pase da morte para un Brais Abelenda que a rebentou ao fondo das mallas.

O terceiro, ou cuarto gol do curso, de Brais Abelenda levou á tolemia á afección, que vía os tres puntos máis preto, malia que por diante quedaban máis de vinte minutos. A pesar diso, e mostrando ese paso adiante que deu o equipo para dominar os tempos do encontro, o Compos non sufriu en absoluto, e non só iso, senón que ampliaría a conta goleadora.

Tras durmir a pelota preto do córner, os nosos atoparon un espazo na área para a chegada de Josiño, quen recortou coa esquerda e pegoulle coa dereita á escuadra, facendo imposible a estirada do porteiro. Foi unha forma perfecta de redondear o partidazo e de selar a vitoria.

Co 2-0, o colexiado decretou o final e o Compos puido saborear tres novos puntos no seu fortín, no que se mantén inexpugnable, gañando todo e sen encaixar ningún tanto. Son xa doce os que suman os branquiazuis, en cinco xornadas, polo que se manteñen na parte alta da clasificación, antes de encarar outro duro reto ante o Rápido de Bouzas.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu (Baleato, m.73), Pablo Antas; Miki, Josiño, Gabri Palmás (Hugo Sanmartín, m.64); e Brais Abelenda (Rodri Alonso, m.88).

0- RCD Fabril: Álex Cobo; Valín, Bourdal, Mujaid, Martí Vila; Gandoy, Kanouté (Mosquera, m.73); David Sánchez (Aarón, m.30), Villares, Pedro (Jawed, m.65); e Mario Losada.

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.68; 2-0: Josiño, min.92.

Árbitro: López Fernández, comité lucense. Amoestou a Josiño, Hugo Sanmartín e Rodri Alonso, polos locais; e a Kanouté, polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago). Partido da quinta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 1.300 espectadores. Antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio por Daniel Mella Nodar.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🌞 Os 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬, os do 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬 🩵🤍🙌 Abertas as inscricións para os Campus de Verán do Compos!✍️ bit.ly/InscribirseCampusXacobeos⚽️ Este verán teremos 2 semanas en Santiago e XA PODES INSCRIBIRTE! 👇👉 Nos próximos días, máis sedes!🤝 Por suposto, agradecémoslle un ano máis a Proxecto Touro - Cobre San Rafael o seu apoio nos #CampusXacobeos!#CampusXacobeos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
⚽️ Pato Guillén e a SD Compostela separan os seus camiños!Grazas por estas seis tempadas xuntos! Esta sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ bit.ly/GrazasPato ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ Semana de adestramentos👉 O equipo iniciou hoxe a primeira das tres sesións previstas para esta semana! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 Non puido serO Compos caeu na última xornada, na súa visita a @racingcantera, quedando sen posibilidades de playoff 👉 Os nosos terminan a liga en séptimo lugar con 47 puntos 📸 @jtphotograpy ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCantera - Real Racing Club 3️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.