O Compos gozará da Semana Santa

18 de Abril de 2019
Aythami celebrando o seu gol nun partido patrocinado por Augas de Sousas. Foto: Brais Fernández.
Aythami celebrando o seu gol nun partido patrocinado por Augas de Sousas. Foto: Brais Fernández.
  • Os branquiazuis superaron con claridade ao Arenteiro por 3-0 no Vero Boquete

Santiago de Compostela, a 18 de abril de 2019.

A SD Compostela poderá gozar da Semana Santa. Os branquiazuis márchanse ás vacacións cos deberes feitos, logo de superar por 3-0 ao Arenteiro no Vero Boquete. Os nosos recuperaron sensacións no fortín e sumaron tres novos puntos para apertar a cabeza da clasificación e achegarse un pouco máis ao playoff.

O primeiro da tarde tivo que esperar ata o engadido do primeiro acto, cando Aythami anotou a pracer, vantaxe que logo ampliaron Brais Abelenda coa esquerda, no 63, e Mon de cabeza, no 80.

O Compos regresaba ao seu fortín e nel quería recuperar as boas sensacións de xogo, trala última derrota. Os branquiazuis sabían que terían que demostrar moita paciencia para lograr os tres puntos, xa que enfronte estaba un Arenteiro que saíu cunha forte armazón defensiva.

Tras uns primeiros minutos de tenteo, Aythami comezou a avisar do seu idilio con Santiago en dous balóns ás costas da defensa, pero en ambos non atopou o premio. Primeiro caeu cando tentaba regatear a Rui e na seguinte chegou moi forzado e non acertou cos tres paus.

Pola súa banda, os visitantes tentaban inquietar á contra coa velocidade dos seus dous puntas, Hugo Sanmartín e Rober. Nunha delas, o primeiro cazou o esférico antes que Lorenzo, orientouse e puxo o centro para o outro, pero este rematou arriba ante a oposición de Chechu.

Este aviso serviu para espolear aos nosos, capaces de abrir por fin a lata no desconto. Marcos Remeseiro roubou na banda, tras unha acción de córner, conectou con Rubén cunha bonita parede, e serviu a asistencia ao segundo pau para que Aythami, a pracer, abrise o marcador. O canario anotou o seu vixésimo primeiro tanto da tempada na súa pelexa polo pichichi.

A alegría ao descanso plasmouse tamén á volta dos vestiarios. Os branquiazuis saíron moi enchufados e aos poucos segundos xa avisou cun remate arriba do dianteiro canario a centro de Rubén.

Precisamente, por esa mesma banda, quince minutos máis tarde acabaría chegando o segundo. O extremo correu ao espazo, tralo balón servido por Marcos Remeseiro, e ao chegar á altura da área puxo un centro raso que remachou coa súa perna esquerda Brais Abelenda. O de Bembibre, que acababa de entrar ao campo por Santi, aproveitou o servizo para rematar con potencia de primeiras, volvendo marcar despois de bastantes xornadas.

O Compos tiña o encontro onde quería e sentíase moi cómodo dominando ao rival coa posesión da pelota. Estaba máis preto o terceiro e de tanto insistir acabaría chegando, no 80. Cunha combinación rápida, Álex Ares recibiu na liña de fondo e puxo un centro coa dereita á cabeza de Mon, quen cun salto imperial remachou o esférico á rede. O capitán rematou con potencia facendo imposible a estirada de Rui.

O terceiro ditou sentenza e os últimos minutos consumáronse con tranquilidade, polo que ata houbo tempo para que debutase na tempada Alberto Freire. Con todo, Hugo Sanmartín estivo a piques de materializar o gol da honra cun trallazo de lonxe que golpeou no traveseiro.

O marcador xa non se moveu e a SD Compostela levou os tres puntos, celebrando ao grande este inicio da Semana Santa. Os nosos recuperaron sensacións no Vero Boquete de San Lázaro e márchanse de vacacións coa cabeza xa posta no triplo enfrontamento en sete días que haberá á volta. Con partidos como este, o playoff está cada vez máis preto.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Piscu, Chechu, Sergio Pereira; Mon, Marcos Remeseiro; Álex Ares (Alberto Freire, m.83), Santi (Brais Abelenda, m.60), Rubén (Josiño, m.71); e Aythami.

0- CD Arenteiro: Rui; Fajardo, Martín, Portela, Cassio, Padrón; Emilio (Albertito, m.69), Adil (Carlos, m.59), Ross; Hugo Sanmartín e Rober (Pol, m.59).

Goles: 1-0: Aythami, min.46; 2-0: Brais Abelenda, min.63; 3-0: Mon, min.80.

Árbitro: Davila Fernández, comité vigués. Amoestou a Mon, polos locais; e a Portela, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo terceira xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro ante 830 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.