O campo de Cabanetán marcará este tarde o debut oficial da SD

Alineación vs Somozas do Triangular de Praíña

Alineación vs Somozas do Triangular de Praíña

Santiago de Compostela, a 3 de Agosto de 2016.

Primeiro partido oficial da SD Compostela. Hoxe arrinca, de forma oficial, o novo proxecto dirixido por Yago Iglesias. O Compos ponse en marcha, debutando na Copa Deputación.

Despois de varios partidos amigables, hoxe chega a primeira pedra de toque, o primeiro partido importante. De momento, as sensacións foron boas, pero haberá que referendalas hoxe.

O rival será o Lesende CF, un equipo de Primeira Rexional e que se clasificou para a terceira rolda da Copa despois de gañar o pasado domingo nos penaltis ao Corme.

Do mesmo xeito que o partido do domingo, o de hoxe celebrarase no campo de Cabanetán, en Lousame. Un encontro ao que o Compos chega moi esperanzado por conseguir unha vitoria e así seguir avanzando roldas na Copa, como demostran as palabras dunha das novas fichaxes, o porteiro, Manu Cedrón:

“Nestas semanas estamos a asimilar os conceptos tácticos que quere o míster e é o que levamos facendo nestes partidos e o que tentaremos plasmar neste tamén”.

O porteiro lucense, a pesar de afirmar o favoritismo da SD, sinala que sen ser unha escusa “non é o mellor campo para o noso estilo de xogo”. Segundo o porteiro, imaxínase “un partido físico, no que nós teñamos o dominio do balón e tentemos crear as ocasións”.

Será o debut oficial de Manu Cedrón coa SD, nunha competición na que o ano pasado chegou á final co Somozas: “É un torneo moi bonito de xogar e ademais, serve de preparación, que desde o meu punto de vista, é mellor disputar partidos que adestramentos”.

Será o comezo dunha tempada que se aprecia ilusionante: “creo que imos facer un bo ano, a pesar de ser un plantel novo”, remata Manu Cedrón.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado