O Arousa será o rival do Compos este sábado no Vero Boquete

  • O amigable disputarase ás 19.00 horas con entrada gratuíta para os abonados do club
  • O cambio de rival produciuse por motivos alleos á SD Compostela

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

A SD Compostela disputará este sábado 21 de agosto un novo amigable de pretempada, o quinto, esta vez no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Os nosos enfrontaranse ás 19.00 horas ao Arosa SC, conxunto que tamén militará na Segunda RFEF, despois de que se tivese que cambiar de rival por motivos alleos ao club.

O derbi entre dous históricos do fútbol galego servirá de novo para ver ao Compos de Rodri Veiga no fortín, con entrada gratuíta para os novos abonados do club. Pola súa banda, a entrada será de 10€ para o público xeral e de 5€ para os menores de idade, estando á venda nos despachos de billetes do Estadio dende unha hora antes do comezo do duelo.

Para o encontro abrirase só a bancada de Tribuna, ata completar aforo, con apertura de portas ás 17.45 horas. No caso dos abonados, servirá con presentar o DNI e o abono no acceso, mentres que para aqueles que compren a entrada terán que traer asinada e cuberta a declaración responsable.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado