O adestrador da base, Alberto Mariano, farase cargo provisionalmente da dirección do primeiro equipo

Mariano primer entreno 2O adestrador da base do equipo de Liga Nacional Xuvenil, Alberto Mariano, formará parte do corpo técnico poñéndose á fronte do primeiro equipo ata que a área deportiva da S.D. Compostela tome as valoracións oportunas.

Mariano, que conta co título de adestrador nacional Uefa Pro, coñece desde dentro o funcionamento do club tras cinco anos dirixindo os equipos das categorías inferiores. Dende o Alevín, pasando polo Infantil e o Xuvenil ‘A’.

A S.D. Compostela deposita toda a confianza en Mariano e considera que ten as aptitudes e capacidades necesarias para, xunto ao resto do corpo técnico, porse á fronte do primeiro equipo mentres dende a directiva valóranse as posibilidades do mercado sen por en risco a traxectoria do equipo en Segunda División B.

Esta tarde Mariano foi presentado por parte da directiva a todo o persoal e corpo técnico e procedeuse a un primeiro adestramento para preparar o partido de cara á próxima xornada, que enfrontará este domingo á S.D. Compostela co R.C. Celta ‘B’.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado