Novo punto nun partido con boas sensacións

6 de Novembro de 2016

dsc_0025

Santiago de Compostela, a 6 de Novembro de 2016.

Novo punto fóra de casa para a SD Compostela na Lomba, nun partido no que mereceu moito máis. Os de Yago Iglesias volveron mostrar unha gran cara ante un duro rival que pelexará por entrar no playoff de ascenso.

Tras dúas derrotas, a SD consegue polo menos sumar un punto que agradece en parte, os merecementos logrados nestas últimas xornadas.

Como se dicía na previa, nun campo quizais máis propicio para o xogo desenvolvido polo Compos, os santiagueses saíron motivados ao choque, buscando xerar perigo co balón nos pes.

Así, ao pouco de comezar o encontro, Tomás quedaba só fronte a Roberto Pazos, pero o meta conseguía despexar o un para un. E á media hora, nova ocasión marrada. Esta vez foi Santi Taboada o que desaproveitaba un remate franco na área, tras o saque de falta de Mon.

Con todo, o Arousa espabilou cos primeiros achegamentos perigosos dos visitantes, e antes de chegar ao descanso tamén tivo as súas dúas ocasións: un remate que sacou cos pés Lucas e un bo cabezazo que tamén despexou o meta santiagués.

Tras o paso polos vestiarios, o dominio visitante fíxose máis latente, sendo as ocasións do Compos as máis perigosas.

No 52 e no 66, Roberto Pazos emerxía para despexar dous sensacionais cabezazos dun David Nogueira que regresaba ao once titular. O dianteiro santiagués topouse cunha sensacional man do meta local, cando o balón parecía que xa estaba dentro.

E cando non foi o porteiro, foi a mala sorte. No 77, Make mandaba o balón rozando o traveseiro. O seu bo tiro foise por escasos milímetros, evitando que o primeiro gol campease no marcador.

Con todo, a máis clara do partido chegou no desconto. No 93, tras unha serie de rexeites na área, Santi Gegunde, quen entrara na segunda metade, sacaba un gran golpeo que lamentablemente se ía ao traveseiro. Un pau que salvaba ao Arousa e que evitaba que a primeira vitoria de visitante da SD Compostela se fixese realidade.

Non puido ser, pero outro punto que se suma ao casilleiro e que, a pesar de provocar un descenso ao undécimo posto, mantén ao Compos a tres puntos do terceiro e o cuarto. Uns postos de playoff aos que optará se gaña ao Ordes, que conseguiu o primeiro triunfo en Liga hoxe, o domingo que vén.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.