Non hai dous sen tres

23 de Setembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=vURs82ct4-A” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD tratará este domingo de gañar o seu terceiro encontro consecutivo en San Lázaro contra o As Pontes.

Santiago de Compostela, a 23 de Setembro de 2016. 

Volta a San Lázaro. Despois dunha derrota en terras lucenses contra o Castro, o Compos regresa ao seu feudo coa dobre intención de manter a imbatibilidade en casa e, á vez, recuperar as boas sensacións.

Para iso, o rival será o As Pontes, un conxunto que coñecen ben, xa que se enfrontaron en Copa Federación, nun partido que acabou en empate e posterior vitoria pontesa nos penaltis, despois de que o Compos desaproveitase numerosas ocasións.

“Teñen tres/catro xogadores veteranos na categoría e despois xente rápida arriba. O seu adestrador estaba xa o ano pasado, de segundo, e son continuistas coa súa idea de tratar ben o balón e xerar ocasións a partir de aí”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Con moitas caras novas, como o Compos, o As Pontes comezou a tempada con dúbidas. Aínda non sumou ningunha vitoria, polo que está situado no pozo da clasificación. Este mal comezo xéralle a dúbida a Yago de como virán enfrontarse a eles. “Veremos se chegan a San Lázaro coa idea de tratar de xogar o balón ou con outro rexistro”, afirma.

Con todo, o técnico ten a firme idea de que o Compostela primeiro debe mirarse a si mesmo, conseguir que sexa o rival o que “lle preocupe máis o que fagamos nós, que ao revés”. Quere imprimir aos xogadores “esa personalidade, ese mala leche que nos falta”. Cre que lles está penalizando a presión de ser o Compostela. “Son xogadores que están a defender unha camiseta que ten un peso encima e iso costa máis que vestir outras camisetas. Tentamos que se solten, que sexan eles mesmos, que o peso do escudo non beneficie máis ao rival que a nós. Debe ser unha satisfacción vestir esta camiseta, que sexan os demais os que teman xogar contra nós”, afirma rotundamente.

Para conseguilo, “lograr o empaque necesario para pechar os partidos” faise vital, xa que Yago considera que “o equipo ten un perfil de filial, pero sen selo”. Moita xente nova á que tenta transmitir “esa personalidade , esa picardía e ambición, para que cando metas o primeiro, ir a por o segundo”.

Nestas situacións, os veteranos do plantel deben impoñerse, algo que segundo o adestrador “xa fan, pero é un proceso que leva o seu tempo, aínda que tentaremos que sexa o menos posible”. A súa sensación, como a de todo o plantel é que “se gañamos dous partidos reverteremos a situación, pero para iso primeiro hai que gañar o primeiro”, argumenta.

O técnico espera que esta fin de semana chegue a primeira, optimista despois de ver que “o equipo está enchufado, con ganas, desexosos de que chegue o domingo, para volver repetir a cara que se nos viu nos partidos de casa”.

Aínda así, a competición é moi longa e Yago cre que agora mesmo “hai que centrarse en que o equipo vaia mellorando semana a semana”, sen perder de vista tampouco os resultados. “Debemos paliar as poucas cousas que non facemos tan ben e que nos están penalizando moito, para que semana a semana melloremos”.

Que mellor forma de arranxar eses problemas, que coa terceira vitoria seguida en casa. San Lázaro debe seguir sendo un fortín. Non hai dous sen tres.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.