Naveira e Alberto continúan no proxecto

10 de Xuño de 2019

Alberto-Freire-Continúa

  • Ao lateral e ao mediocentro quedanlle un e dous anos de contrato, respectivamente

Santiago de Compostela, a 10 de Xuño de 2019

O proxecto da SD Compostela alcanza a día de hoxe un total de cinco pezas, xa que aos dous capitáns renovados e ao regreso de Queiruga, súmase a continuidade dun Álvaro Naveira e Alberto Freire aos que lle restan aínda un e dous anos de contrato respectivamente. O lateral e o mediocentro asinaran con anterioridade un vínculo de longa duración co club polo que seguirán ligados a el un curso máis.

Ambos, dous futbolistas mozos, da Coruña e Negreira, e con moita proxección no fútbol, adáptanse á perfección á filosofía que tomou a SD Compostela fai tres tempadas co propósito de regresar a categorías superiores a medio ou longo prazo.

Por unha banda, Álvaro Naveira López asentouse nestes dous cursos no carril esquerdo do plantel, sendo o único futbolista puro nesta demarcación. Desde a súa chegada procedente do Fabril, o defensa foi un fixo nos esquemas de Yago Iglesias, superando amplamente os 2.000 minutos de xogo en ambas ocasións.

No primeiro ano, disputou 35 encontros, todos eles como titular, entre todas as competicións oficiais, anotando o único tanto do equipo na eliminatoria contra o Salmantino. Mentres tanto, neste segundo, xogou 34, vinte e nove saíndo de inicio.

Polo outro lado, Alberto Freire Riveiro non viviu, sen dúbida, a tempada que lle gustaría. O canteirán branquiazul lidiou cunha pubalxia, que arrastraba desde o playoff do verán pasado, que o deixou fóra do plantel durante máis de tres cuartos de ano. Diversos tratamentos e unha operación dilataron a espera, polo que só puido participar en tres partidos, que se sumaron aos doce, cun gol, da anterior.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.