Natalia López: “Cando o meu primo Juampa volveu, decidimos comprometernos e involucrarnos neste proxecto”

A cervexería Rúa Bella consolida o seu compromiso co deporte e, en especial, o fútbol, esta tempada, patrocinando a Bicho e o decisivo partido deste domingo contra o Salamanca.

Cal é a súa actividade?

Dende o ano 2006 formo parte da Rúa Bella, unha cervexería-cafetería familiar situada na zona vella de Santiago.

Que lles levou a patrocinar ao equipo?

Estamos comprometidos co deporte dende fai moito tempo. Os nosos clientes son moi seguidores do deporte local e nós decidimos apostar polo Compos.

Que lle aporta á súa empresa patrocinar a un equipo de fútbol como o Compostela?

O Compos atrae a moita xente e é unha oportunidade moi grande nestes momentos para a hostalería que te vexan a nivel España.

Cal é a súa relación co deporte en xeral e a SD Compostela en particular?

A cervexería Rúa Bella e o deporte van unidos da man. Sempre apostamos polos mundiais de fútbol e baloncesto, o Tour de Francia ou a Fórmula 1. O meu primo Juampa [Barros], xogador do Compos, deu os seus primeiros pasos coa pelota en Galicia e, ao seu regreso, despois de tantos éxitos, decidimos comprometernos e involucrarnos neste proxecto.

Un desexo para esta tempada.

Que termine a pandemia e volva todo á normalidade.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado