Nacho: “Onde máis me realicei como futbolista foi no Compostela”

Nacho Compos webEsta semana entrevistamos a José Ignacio Fernández, coñecido por todo o mundo como Nacho e un dos piares daquel equipo que logrou o ascenso a Primeira División en 1994. Un xogador de características técnicas sobresaíntes en ataque e en defensa, que sumado ao seu carisma, convertérono nun deses xogadores que aínda é moi querido e recordado pola afección.

O ex -xogador co seu corazón repartido entre o Celta da súa mocidade, onde militou seis tempadas, e a S.D. Compostela, onde explosionou a súa madurez futbolística, recorda esta última etapa como a máis importante da súa carreira pois “no Compostela foi onde máis me realicei como futbolista e onde máis gocei” e sostén que “o sentimento de todos os futbolistas que pasan por aquí é algo especial”.

Nacho, que logrou tres ascensos na súa carreira (dúas co Celta e un co Compostela), recorda o ascenso da Esedé como “algo moi especial porque moi pouca xente confiaba en que puidese ser”.

Tras retirarse profesionalmente dos terreos de xogo iniciou a súa faceta como adestrador. Un labor na que “me gustaría chegar ao máximo nivel”, afirmou.

Non te perdas a entrevista completa a Nacho no seguinte enlace:

Compartir en Redes Sociales

Relacionado