Nacen as Becas Cenor de axuda para xogadores da base sen recursos

  • A acción englóbase na estratexia solidaria da cadea de electrodomésticos

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

A Fundación SD Compostela suma un aliado máis no seu obxectivo de achegar e promocionar o deporte entre os máis desfavorecidos co nacemento das Becas Cenor, unha iniciativa que se enmarca na aposta polo fomento da Responsabilidade Social Corporativa nas zonas onde desenvolve a súa actividade a prestixiosa cadea de tendas de electrodomésticos e tecnoloxía.

Grazas a estas becas catro nenos ou nenas das categorías inferiores do club que comunicaran que non lles é posible cubrir o pago das cotas e do material deportivo poderán adestrar e competir en igualdade de condicións que o resto dos seus compañeiros.

Dende o club e en nome das familias beneficiadas queremos agradecer de corazón o xesto de Cenor Electrodomésticos. A empresa de orixe compostelá é unha entidade modélica polo seu compromiso con multitude de proxectos benéficos, como demostra cos seus prestixiosos PREMIOS SOLIDARIOS, que esta tempada alcanzaron a súa novena edición.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado