Na procura do trono de San Lázaro

5 de Outubro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/lP_36Y3w8_w” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela quere recuperar a senda da vitoria o domingo ás 18.00 horas ante o Arosa SC

Santiago de Compostela, a 5 de Outubro de 2018.

A SD Compostela regresará este domingo ao seu fortín de San Lázaro cunha única idea na mente: recuperar o trono do estadio. Trala picada do domingo pasado, o equipo desexa recuperar a senda do triunfo e para iso deberá superar a partir das 18.00 horas ao Arosa SC, conxunto que chega igualado a puntos cos nosos no segundo chanzo da clasificación.

Ambos equipos levarán a cabo unha dura batalla, na que a clave para os locais pasa por aproveitar mellor as oportunidades xeradas. “Estamos moi satisfeitos co xogo, que é a base para conseguir as vitorias. Hai un pouso, unha claridade, e o sentir dos xogadores é que se continuamos nesta liña o ano será moi bo. Agora, o que temos que conseguir é estar acertados nas moitas ocasións que xeramos por partido”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Para conseguilo, nesta nova pedra no camiño, o técnico avoga por un encontro moi serio, de moita intensidade, cunha gran calidade polos xogadores que pisarán o campo e non tan aberto como o domingo pasado. “Espero ver o Compostela do Bergantiños, máis puído en canto ás decisións que nos poidan pasar factura e máis acertado nas ocasións fabricadas”, apuntou.

Entre os once que salten ao campo, do mesmo xeito que sempre, veranse algúns trcos, ben por lesión ou ben por matices do rival. “Marcos Remeseiro levou un golpe e será baixa segura e despois temos a dúbida de Brais por unha pequena escordadura. Estando o equipo como está, con todos adestrando moi ben, esta semana terán esa oportunidade”, matizou.

Os que finalmente sexan da partida terán que lidar contra un óso duro de roer, un equipo que se reforzou este verán e que consolidou, en palabras do adestrador ribeirense, un proxecto máis serio e con grandes aspiracións. “Empezaron fichando a Rafa Sáez, un técnico con moita experiencia, ao que sumaron xogadores como Manu Rodríguez, a áncora no medio, e outros que dan consistencia como Cristóbal Juncal, Javi Otero, Chiqui ou Mauri, ademais da continuidade de Julio Rey ou Sylla”, analizou.

Con estes vimes, Yago considera ao Arosa SC un equipo moi a ter en conta e que se define pola súa seriedade. “Non realizarán un xogo tan vistoso, pero ten xente que sabe manexar os tempos, son rochosos a nivel defensivo e rápidos e fortes arriba”, sentenciou.

Así, fronte a fronte, dous dos galos da categoría loitarán polo trono de San Lázaro. Os nosos, co apoio de toda a afección que asistirá ao estadio, esperan saír vitoriosos desta nova dura proba.

REY_3788

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.