Mil abonados para o último partido da primeira fase

  • As entradas poderanse retirarán, por orde de preferencia, dende este luns ás 10.00 ata o venres ás 13.00 horas
  • O aforo dividirase con 500 abonados para tribuna e outros 500 para preferencia, en función da bancada que marque o abono

Santiago de Compostela, a 20 de Marzo de 2021.

O partido da SD Compostela contra o Salamanca CF UDS, último encontro da primeira fase do Grupo 1 Subgrupo A, que se disputará o vindeiro domingo 28 de marzo ás 12.00 horas, poderá contar con 1.000 espectadores nas bancadas do Vero Boquete de San Lázaro. Deste xeito, os nosos poderán despedir esta gran primeira parte da competición coa calor da súa xente no fortín.

Para o duelo, do mesmo xeito que en pasadas ocasións, terán preferencia para o acceso os abonados do club. Por iso, ábrese un prazo para a retirada de entradas exclusivo para eles, nas Oficinas do Club, con entrega das invitacións por orde de chegada.

Retirada de Entradas

Os abonados poderán retirar a entrada para o partido DENDE este LUNS 22 de marzo, ás 10.00 horas, ATA o VENRES 26 de marzo, ás 13.00 horas.

O horario das Oficinas do Club é dende as 10.00 ás 13.00 horas e dende as 16.00 ás 20.00 horas.

Recollida

Para recoller a invitación para o partido, o abonado deberá presentarse o DNI acreditativo da identidade do mesmo, informándoselle nese momento da hora e porta de acceso, medidas que se deben cumprir para evitar calquera tipo de aglomeración e respectar os protocolos de seguridade e hixiene. Todos os afeccionados entrarán ao Estadio antes das 12.00 horas, momento no que se pecharán as portas.

Declaración Responsable

Para entrar ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro é indispensable levar cuberta a Declaración Responsable Covid-19, que se pode descargar dende a páxina de inicio da web do club (www.sdcompostela.com).

Compartir en Redes Sociales

Relacionado