Miki Villar: “O que estamos a facer ata o momento ten moito mérito”

25 de Novembro de 2020
Miki Villar Segundo Rey 1
Miki, acompañado de Jaime Rey, xerente de Segundo Rey, e Ramón Castro, responsable das relacións institucionais do club, na sede da empresa.
  • O extremo destaca as boas sensacións, antes de enfrontarse ao que cataloga como “o mellor equipo da categoría”

Santiago de Compostela, a 25 de novembro de 2020.

A SD Compostela enfróntase este sábado no Estadio Verónica Boquete ao Pontevedra, o líder actual do grupo, nun encontro que estará patrocinado por Segundo Rey. Este duelo será moi especial para Miki Villar, debido a que se enfrontará ao seu exequipo, ademais de porque porta o patrocinio da empresa especializada no deseño de baños e cociñas.

O extremo de Nigrán, que marcou un dobrete no último partido disputado no fortín branquiazul, destaca as boas sensacións do Compos ata a data, antes de medirse ao que considera como “o mellor equipo da categoría”. 

Sensacións do empate contra o Racing. No vestiario había unha mestura de sentimentos. Moitos daban por bo o punto, por como se conseguiu, porque demos unha boa imaxe e porque conseguimos remontar; mentres que outros, entre os que me inclúo, pensabamos que tiñamos que ir máis a pola vitoria, pero tamén é verdade que as contras que nos facían levaban moito perigo e por iso si que damos por bo o punto.

Xogo do Compos. O que estamos a facer ata o momento ten moito mérito, porque estamos a manter a nosa identidade xogando ao fútbol e estámolo a demostrar en cada partido. Demos moito a cara e en moitos partidos fomos mellores que o rival, polo que, nese sentido, estamos moi satisfeitos.

Imaxe na categoría. Somos conscientes de que acabamos de ascender, de que houbo poucas fichaxes, de que o nivel da liga é superior ao ano pasado e que será complicado puntuar en cada partido. No sentido de ter máis puntos, creo que mereciamos ter algún máis, como no día do Deportivo ou do Coruxo, pero creo que estamos a facer bo traballo e, por agora, estamos moi ben.

Dureza do sistema. O formato desvirtúa a competición, porque cada partido xógaste a vida. É diferente porque tes que saír doutra forma aos partidos.

Xogar con público. Diferenzas sempre hai, porque, por exemplo, contra o Dépor, o campo estaría con moita xente nas bancadas e iso impúlsate. Iso marca diferenzas e este partido, aínda que sexan 150 persoas, teremos uns berros e un alento que che axuda a dar un pouco máis.

O Pontevedra. Contando os partidos de pretempada, creo que é o mellor rival ata a data. Cando xogamos no Vero Boquete, vin un auténtico equipazo, ben traballo e que sabían o que facían, a principal diferenza con respecto ao Deportivo. Creo que a día de hoxe é o mellor equipo da liga.

Potencial do rival. Na dianteira teñen xente como Charles e Rufo que marcan a diferenza, pero creo que é todo o equipo, porque teñen bos xogadores en todas as liñas. Ademais, xogan moi directo, o que nos pode facer dano, pero ao final, co nivel que teñen, preocupa todo.

Partido especial. O Pontevedra é un equipo do estilo do Compos, equipos con moita xente detrás, cun Estadio espectacular e boas instalacións. Co agarimo que lles teño, con xente alí que aínda coñezo, será especial para min.

Recordos da etapa en Pontevedra. Persoalmente, aprendín moitísimo, porque me custou moito xogar, no que era o meu primeiro ano de sénior. Estiven con Luisito, que é un máster para o xogador, sobre todo mentalmente, e lévome iso. Quédome con todo a aprendizaxe desa etapa, na que tamén fixemos o ano do playoff. Foi moi bonito e estiven rodeado de xente espectacular.

Importancia no equipo. Vindo do ano pasado, podíame esperar un papel importante no equipo, porque tamén xoguei bastante. Coa aposta pola continuidade do club, estaba bastante tranquilo nese aspecto e, ademais, este ano, quero dar un paso adiante.

Problema do gol. Sabemos da calidade da xente de ataque, que o ano pasado marcamos moitísimos goles, sobre todo, Brais e Primo, e non nos preocupa moito iso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.