Miki, terceiro reforzo para o proxecto branquiazul

5 de Xullo de 2018

Miki Camiseta 1

  • O extremo, que procede do CD Boiro, firma por un ano e caracterízase pola súa velocidade e desborde

Santiago de Compostela, a 5 de Xullo de 2018.

Miguel Villar Alonso, Miki, (Nigrán, 1996) é o terceiro reforzo da SD Compostela para a próxima tempada 2018/19. O extremo, que procede do CD Boiro, firma por un ano coa entidade santiaguesa, máis outro opcional.

O futbolista, de 21 anos, é canteirán do Rápido de Bouzas e ten unha dilatada experiencia, para a súa idade, tanto en Terceira División, na que suma máis de 5.000 minutos de xogo, como en Segunda División B. Disputou xa catro cursos en Terceira, categoría na que debutou no seu segundo ano de xuvenís, e outras dúas en Segunda B, nas filas do Pontevedra CF.

O último curso, Miki foi dos xogadores máis destacados do CD Boiro, sendo un dos que máis minutos disputou de todo o plantel. Pechou o curso con 31 partidos disputados, 25 deles como titular, nos que conseguiu anotar tres tantos.

Anteriormente, a nova fichaxe branquiazul alternou o Rápido de Bouzas, club no que comezou a xogar desde as categorías inferiores e no que deu o salto a sénior no seu segundo curso de xuvenís, e o Pontevedra, conxunto co que debutou na categoría de bronce do fútbol español na campaña 2015/16.

O futbolista de Nigrán, cunha gran proxección futbolística, destaca, principalmente, pola súa rapidez e desborde, que, unidos á súa mocidade e experiencia, convérteno nun xogador destacado dentro do grupo 1 da Terceira División.

Á súa chegada á capital galega, e tras estampar a súa firma, o extremo comentou que se sente con moitas ganas de iniciar esta nova etapa na súa carreira deportiva. “Elixín o Compos polo deportivo, mellor sitio en Terceira non hai ningún. Repetir o do ano pasado será moi complicado, pero tentarei axudar ao equipo para meternos no playoff e despois xa se verá”, explicou Miki Villar.

Coa renovación de Rubén e a fichaxe de Miki, a SD Compostela pecha o 5 de xullo con 15 xogadores con contrato para a próxima tempada, sentando as bases dun proxecto que peregrinará sen cesar por un soño, o ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Parapar 🗣️ O extremo coruñés tamén falou na previa da visita a Cantera - Real Racing Club ⚽️ O atacante compostelanista destacou que o equipo ten o foco en sacar os tres puntos en Cantabria, xa que é o único que depende deles#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ Tralo anuncio da súa renovación, o adestrador da SD Compostela analizou a PREVIA do partido decisivo deste domingo, ás 12.00 nas Instalacións Nando Yosu, ante a Cantera - Real Racing Club ⚽️ O técnico só se centra na vitoria do Compos#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Dani Gesto🗣️ As primeiras verbas dos dous técnicos tralo anuncio da renovación para a tempada 24/25🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🙌 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐃𝐎𝐒 🩵🤍Antón Permuy e Dani Gesto continuarán á fronte da SD Compostela na Tempada 24/25💪 Dous técnicos da casa seguirán dirixindo o proxecto compostelanista 👏 Parabéns, Antón e Dani! ✍️ sdcompostela.com/2024/05/03/anton-permuy-sd-compostela-renovacion/#antónpermuy2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎟️ ENTRADAS 🆚 Cantera - Real Racing Club 🚨👉 Para garantizar a túa presenza nas Instalacións Nando Yosu debes reservar a entrada en Santiago 👇1⃣ Envía un mail cos teus datos a sdcompostela@sdcompostela.com2⃣ Efectúa o pago nas Oficinas antes do venres ás 15.00⚠️ Esta é a única vía posible para garantizar a túa entrada, debido aos problemas de aforo das Instalacións Nando Yosu🎫 Contamos cun total de 40 entradasℹ️ As oficinas abrirán mañá e pasado, das 9.00 ás 15.00 horas#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.