Miguel Fernández Álvarez, novo director de márketing da SD Compostela

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2021

Miguel Fernández Álvarez é o novo Director de Marketing e Desenvolvemento de Negocio da SD Compostela. A entidade branquiazul suma ao seu proxecto a enorme experiencia e bo facer de Miguel, co obxectivo de seguir crecendo e potenciando a imaxe do Compos, tanto na cidade, como a nivel galego e nacional.

“Falar do Compos é facelo tamén dunha marca que ten moita historia e que conta cun enorme potencial. Por iso, para min, é un orgullo poder representala e trasladala no plano empresarial. Para iso, tentarei manter a boa liña levada polo departamento en anos anteriores e seguir achegando o club á cidade, co obxectivo de seguir crecendo, dando pasos fortes e seguros”, apunta Miguel.

Miguel chega á SD Compostela despois de dezasete anos vinculado ao Santiago Futsal, onde exerceu como director do departamento de comunicación e márketing, coordinador de eventos, con especial transcendencia a nivel internacional, e, durante as últimas oito tempadas, como Director Xeral, mantendo a estrutura deportiva e buscando vías de financiamento para un dos club galegos máis importantes do fútbol sala.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado