Melide acollerá a finais de xullo a segunda edición do Campus Compos

  • Terá lugar as semanas do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de xullo no Campo Municipal
  • Organízao a Fundación SD Compostela en colaboración co Concello e o Cire Melide para nenos e nenas de 4 a 18 anos
  • Haberá descontos especiais para os canteiráns do Compos, do Cire e da ADC Escola Deportiva Arzúa

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

En colaboración co CF Cire Melide e do propio Concello, a Fundación SD Compostela organiza durante este próximo mes a segunda edición do Campus Compos de Melide, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 18 anos que terá lugar do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de xullo no Campo Municipal de Melide.

O Campus, de luns a venres en horario matinal de 9.00 a 14.00 horas (con servizo de madrugadores ás 8.30 horas), ofrecerá aos participantes unha oportunidade de gozar do deporte que máis lles gusta, baixo a metodoloxía da SD Compostela, nun ambiente lúdico e seguro, no que se primará o desenvolvemento socioafectivo dos pequenos.

Ademais, cumpriranse todos os protocolos e medidas sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias, no marco da actual pandemia da covid-19. Os inscritos terán un seguro de accidentes que responderá ante calquera problema que puidese xurdir. A maiores, por participar, recibirán un pantalón e unha camiseta ao comezo da actividade.

Os prezos, por semana, varían en función das distintas modalidades previstas, con importantes vantaxes para os futbolistas das canteiras da comarca. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados das entidades, 125€; para os xogadores da base do Compos, do CF Cire Melide e da ADC Escola Deportiva Arzúa, 90€; e para irmáns ou irmás de inscritos, 70€.

O prazo de inscrición está aberto a través do seguinte formulario, que tamén poderán atopar na web e redes sociais do CF Cire Melide. Os interesados poderán recibir máis información no mail coordinadorbase@sdcompostela.com ou no teléfono 626 06 37 05 (Manu Otero).

FORMULARIO DE INSCRICIÓN na SEGUINTE LIGAZÓN:

https://bit.ly/FormCampMelide

Compartir en Redes Sociales

Relacionado