Medio día do club contra o Pontevedra

  • Os abonados terán que mercar a súa entrada, a metade de prezo

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022

Tralo aprazamento do encontro contra o Salamanca, a SD Compostela regresará á competición este domingo 23 de xaneiro, ás 17.00 horas, para medirse ao Pontevedra CF SAD no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. O derbi, co que se abre a segunda volta da liga, será Medio Día do Club.

Deste xeito, os abonados e abonadas do club maiores de idade deberán retirar a súa entrada, a metade prezo, para acceder ao encontro. Así, para tribuna, a entrada custará 10€, mentres que para Preferencia o prezo será de 7,5€. Pola súa banda, os abonados menores de idade non terán que pagar, polo que accederán igual que sempre, mostrando o seu abono no acceso ao Estadio.

Para poder retirar as entradas, habilítase durante toda a semana a Oficina do Club (de luns a venres de 10.00 a 13.00 e das 16.00 ás 20.00 horas) e a Tenda Oficial da Rúa da Raíña (de martes a sábado de 12.00 a 15.00 e das 17.00 ás 20.30 horas; e domingo, de 12.00 a 15.00).

Así mesmo, para aqueles que non poidan achegarse entre semana a algúns destes puntos, habilitarase tamén o despacho de billetes o propio domingo, dende unha hora e cuarto antes do comezo (15.45 horas). En todo caso, recoméndase a recollida con antelación para evitar aglomeracións e esperas.

Para aqueles que non son abonados, as entradas terán o prezo habitual de toda a tempada: 20€ adulto e 10€ menores de idade, en Tribuna; e 15€ adulto e 5€ menores de idade, en Preferencia.

Partido patrocinado. O derbi contra o Pontevedra estará patrocinado por Mahou Cinco Estrellas, entidade ligada ao proxecto dende hai varias tempadas, polo que haberá sorpresas e sorteos para aqueles que asistan ao encontro e participen nas actividades propostas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado