Medio día do club contra a UD Ourense

  • Os abonados pagarán 5€ e a entrada xeral será a 10€ ata o 6 de marzo

Santiago de Compostela, a 26 de Febreiro de 2020.

O próximo encontro de liga no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, que enfrontará á SD Compostela contra a UD Ourense, o domingo 8 de marzo ás 17.00 horas, será “Medio Día do Club”.

Por tanto, para acceder ao “Derbi da Vía da Prata”, os abonados do  Compos terán que pagar 5€, sendo obrigatorio que presenten na porta de acceso, o día de partido, o seu abono xunto coa entrada. Para comprala, poden facelo nas oficinas ou no despacho de billetes o propio domingo de partido.

Mentres tanto, os abonados menores de idade non terán que pagar, polo que accederán igual que sempre, mostrando o seu abono no acceso ao Estadio.

Pola súa banda, a entrada xeral custará 10€ ata o venres 6 de marzo (incluído), mentres que o día de partido, no despacho de billetes, o seu prezo será de 15€. Para comprala antes desa data, habilítanse as oficinas do club, co seu horario habitual (de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00) e a plataforma de venda online da nosa páxina web (https://sdcompostela.acyti.com/).

Igualmente, os menores de idade entrarán gratis ao partido, previa retirada dunha invitación.

Afeccionados de Ourense

Para que poidan aproveitar as vantaxes da compra anticipada, a SD Compostela enviou un lote de entradas, cun prezo de 10€, ás oficinas da UD Ourense. Alí, os afeccionados locais poderán adquirilas ata o mesmo venres 6 de marzo. Os menores de idade, do mesmo xeito, só terán que retirar unha invitación gratuíta no despacho de billetes o día de partido.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado